Categoría: Novas

[Encontro] das PAH-STOP Galegas en #SantiagoDeCompostela.

Maña sábado día 5 tera lugar o encontro das PAH-STOP Galegas;
Celebrarase como de costume no Bar as Marías en Santiago de Compostela, comezando o mesmo ás 11 da maña.

O motivo diste xunta e manter viva a rede galega, analizar a evolución da política de vivenda e o compromiso das diferentes formacións políticas coas demandas da PAH-stop máxime cando entramos en período electoral.

Facemos un chamamento a cidadanía, ante os próximos comicios electorais, para que non se deixen enganar polos cantos de serea que ofrece o actual goberno da Xunta de Galicia e do Estado; pedímoslle que analicen serenamente e afonden no coñecemento das propostas nestas e noutras materias e en que consiste realmente a suposta mellora económica.

Prometen vivenda social e convenios con entidades financeiras pero a realidade e que calquera que se achegue o I.G.V.S (Instituto Galego de Vivenda e Só) poderá comprobar que a oferta de vivenda social e nula; mesmo en casos de emerxencia, mulleres vítimas de violencia de xénero machista con fillos a cargo ou de familias desafiuzadas por non pagamento de aluguer no teñen apoio institucional.

Xa que o dereito efectivo a unha vivenda digna dista moito de ser real, seguiremos atentos os abusos que se cometen dende entidades financeiras e dende institucións e coordinaremos accións conxuntas de cara a que se faga efectivo este dereito fundamental recollido no artigo 47 da C.E base fundamental para o desenvolvemento integro de calquera persoa.
Tamén pedimos ás institucións e á cidadanía que activen o seusolidariade ante o actual éxodo masivo de seres humanos que foxen de conflitos bélicos nos seus países buscando refuxio en Europa.
Non debemos esquecer que no século pasado nos tivemos que facer o mesmo e fomos acollidos noutros países. Non debemos permanecer pasivos ante tanto sufrimento.

1850

[#VIGO] 21.000 vivendas baleiras e seguen os #desafiuzamentos.

Sobre os desafiuzamentos de aluguer, @LA_PAH sempre buscará a alternativa de habitacionalidade e de subministracións básicas para a familia, pois ninguén debe quedar desamparado na rúa.
A realidade é que habendo miles de casas baleiras, moitas seguen así despois dun desafiuzamento e tanto o Concello coma a Xunta se mostran impasibles ante estas situacións.
O aumento dos desafiuzamentos por aluguer, é debido ao agravamento da situación económica actual e ao goteo das axudas autonómicas e locais fóra de prazo.
Afectados pola hipoteca convértense agora en afectados polo aluguer.
A lexislación española deixa na absoluta indefensión ás persoas afectadas, debedoras de boa fe, en beneficio de intereses financeiros e grandes capitais.

Segue sendo incomprensible que plataformas como a PAH Vigo Tui-Baixomiño que dende fai xa bastantes anos liderou a petición da «Creación dun Parque Público da vivenda en Galicia» e a xestión das vivendas baleiras da comunidade e posta en marcha dunha «Axencia Pública Galega de Aluguer» resolva máis situacións de habitacionalidade que a Xunta e o Concello xuntos.

O Concello debería adoptar nunha sesión plenaria a posibilidade de chegar a acordos, coas entidades financeiras e especialmente coa SAREB para asinar un protocolo non que estas entidades poñan vivendas que sabemos están baleiras a disposición dás familias con dificultades para afrontar o pagamento de hipotecas ou de aluguer.
Promover a creación e publicación de «Bases de Datos» de vivendas de VPO e baleiras co fin de crear un «Parque Publico de Vivendas» que faga efectivo o dereito e o acceso a unha vivenda digna e alcanzable para todos porque entre outras cousas no municipio de Vigo hai 21.000 vivendas baleiras e porque seguen a aumentar os desafiuzamentos aínda que se empeñen en dicir o contrario.

A PAH Vigo Tui-Baixomiño dende sempre loitará polo «Dereito á Vivenda».

«NIN CASAS SEN XENTE,NI XENTE SEN CASA»

Analía Melón DEFINITIVO

#RosaSeQueda [#ESCRACHE] en Colón, 33-35 #Vigo, para evitar el desahucio de una madre y su bebé @bancosantander

ICR-Photographer© Pah & Pizarro 044 - copia

[CONCENTRACIONES] en Colón, 33-35, ‪#‎Vigo‬
JUEVES 23, a las 19:30h
VIERNES 24, a las 11:30h.

Desalojarla de su casa y darle un año de alquiler social. Eso es lo que ofrece Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI Santander) a una familia viguesa. Rosa, de 46 años, con un bebé de meses, que tuvo que dejar de pagar la hipoteca, avalada con la casa de su madre, tras quedarse sin trabajo, pueden verse en la calle.

Rosa está dispuesta a pagar lo que puede: 300 € al mes durante tres años, pero su oferta no ha tenido respuesta por parte de la entidad, por lo cual el procedimiento sigue su curso y podría quedarse en la calle.

Ante esta situación, miembros de la Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui-Baixo Miño, inició el martes una serie de protestas delante de la oficina de UCI Santander, en la rúa Colón, después de que en mayo pasado consiguiesen paralizar la subasta, después de que un juez pidiese revisar las cláusulas del crédito hipotecario, consideradas abusivas por el abogado de Rosa.

PAH advierte de que hay “indicios claros de estafa” en la concesión de hipotecas a personas sin solvencia económica o con trabajo precarios, “que supone que estas personas estén atadas al banco durante toda su vida”. Además, muchos de estos préstamos “tienen cláusulas ilegales, como ya han reflejado multitud de sentencias”, entre ellas el que tengan que hacer frente al pago de intereses tras las renegociaciones de los acuerdos.

(vía vigoalminuto.com)

[ESCRACHE] #UCIestafa es @bancosantander #RosaSeQueda

ICR-Photographer© Pah & Pizarro 046

#RosaSeQueda para A.J.PASTOR [www.atlantico.net]

Aos seus 46 anos e cun bebé de meses, Rosa está a pasar polo peor momento da súa vida. A crise arruinou o negocio relacionado coa construción que tiña coa súa ex parella e despois perdeu o traballo que tiña. A falta de ingresos obrigouno a deixar de pagar a hipoteca, que asinara cun aval, a vivenda da súa nai, de 82 anos, que vive con outros tres fillos.
Agora, a Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI Santander) reclama as dúas vivendas. Mariñar, irmanda e filla das afectadas, aseguraba onte que «só pedimos un acordo xusto. Eu estou disposta a pagar unha cantidade ao mes durante tres anos, 300 euros, pero a entidade non contesta e pretende desaloxalas das súas casas e dalos un ano de aluguer social».
Segundo explica, «en total son seis persoas as que se verían na rúa e a miña nai é unha persoa moi maior». Onte, varios membros da PAH Vigo Tui-Baixominho [@PAHVigoTui] iniciaron unha campaña de protesta fronte ás oficinas da #UCI (Unión de Créditos inmobiliarios, @bancosantander)  en Colón, 33-35 para paralizar as pretensións da entidade.

A situación é especialmente sangrante posto que en maio se conseguiu paralizar a poxa ao presentar ante o xuíz un escrito no que se solicitaba revisar as cláusulas consideradas abusivas. «De momento, estase a revisar, pero temos medo de que en calquera momento volva pasar», di Mariña que denuncia que estiveron a pagar e cada vez a cota era maior, só para intereses,».
Pola súa banda, a Plataforma de Afectados polas Hipotecas [@PAHVigoTui] asegurou que as entidades financeiras concederon a través de #UCI préstamos a mozos, poboación inmigrante e persoas con intención de cambiar de casa con escasa solvencia económica. «Aparecen indicios de estafa na concesión de tales préstamos ao provocar endebedamento durante décadas con falta de información e engano sobre o risco contraído», denunciou o colectivo quen engadiu que «os préstamos inclúen ademais condicións declaradas abusivas polos tribunais, un abuso que se multiplica nos casos de renegociación da débeda nos que #UCI impón condicións usuarias como a capitalización de intereses durante o período de duración dos acordos».

A loita por frear este desafiuzamento dobre non fixo máis que empezar. Á concentración de onte, sumaránselle outras tres máis ao longo desta semana. Estamos todos moi afectados e non é xusto, a miña irmá sempre pagou, agora conseguiu un emprego temporal por horas en verán e segue buscando traballo, non se rende, eu mesma estou disposta a axudala no que poida, pero falta vontade por parte do banco», afirma Marina.
Esta familia viguesa asegura que toda a situación se complicou pola crise económica. «Foi a crise a que tirou por terra o negocio e despois deixou á miña irmá sen traballo, a situación da súa ex parella tampouco é boa, fan o que poden e para colmo as condicións bancarias foron realmente abusivas. Houbo un acordo, ela pagou nunha conta e logo dixéronlle que non valía porque non asinara nada. De momento, o xuíz dános a razón pero temos medo»

[ESCRACHE] a UCI que quere quedar con dúas vivendas.


UCI
(Unión de Créditos Inmobiliarios) quere quedarse con duas vivendas:

A dos “titulares” e a dos “avalistas”. A titular chámase Rosa, ten un bebé de meses, perdeu o seu emprego… A súa nai de 80 anos avalóuna coma moitos pais ou avós a casa da súa filla, sen saber que agora responde coa súa casa.

¡NON PODEMOS PERMTIR ESTE ATROPELO!, UCI /SANTANDER NÉGASE A ÚN ACORDO XUSTO, “…O SEU OBXETIVO É DESPOXÁLAS DAS DÚAS CASAS E DARLLES 1 ANO DE ALUGUER SOCIAL”

E DICIR,  ¡QUEDARSE CON DÚAS CASAS E CONCEDER UN RIDÍCULO ALUGER POR UN ANO!

¡NON PODEMOS CONSENTILO !

Dende o día 21 ate o día 24 de Xullo, estaremos na sé de UCI na Rúa Colón, 33-35 en Vigo.

Comezamos,

MARTES 21, ás 19h30.
MÉRCORES 22, pola mañá a partir da 11h30.
XOVES 23 tarde, as 19h30.
VENRES 24 pola mañá a partir da 11h30.

¡VIGO SEN DESAFIUZAMENTO!,
¡PAREMOS ESTO!.

As entidades financeiras concederon a través de UCI préstamos a mozas, poboación migrante e persoas con intención de cambiar de casa con escasa solvencia económica. Aparecen indicios de estafa na concesión de tales préstamos ao provocar endeudamientos durante décadas con falta de información e engano achega do risco contraído.
Os préstamos inclúen ademais condicións declaradas abusivas polos tribunais, un abuso que se multiplica nos casos de renegociación de débeda nos que UCI impón condicións usurarias como a capitalización de intereses durante o periodo de duración dos acordos.

Unha estafa acompañada da practica do IRPH .

¡Non deixemos que UCI consiga votar a rúa a una anciana e sua filla en paro con unha menor!.

TODOS A PARAR Ó DESAFIUZAMENTO

IMG_0215