
Desde o Sindicato de Inquilinas de Madrid, cremos que organizarnos xunto ás nosas veciñas, especialmente entre as que compartimos un mesmo caseiro, é unha das mellores formas de crear poder popular nas nosas comunidades. É así como somos capaces de xerar conflitos colectivos con suficiente potencia como para asegurarnos vitorias e mellorar as nosas condicións de vida, ata o punto de cambialo todo xuntas.

Sabemos que isto é un labor complicado e, por iso, desenvolvemos este manual de organización inquilina para acompañarnos no proceso de organización dos nosos bloques e barrios. Inspiradas por “Segredos dun organizador exitoso” de Labor Notes, recollemos os nosos anos de experiencia aplicando as metodoloxías do sindicalismo social e laboral de base á loita pola vivenda, contra o rentismo e a especulación neste Manual de Organización Inquilina (aquí podes descargalo en PDF). Esperamos que estas aprendizaxes cheguen a moitos lugares do mundo e, entre todas, sexamos capaces de construír o futuro que anhelamos: un mundo mellor sen caseiros, sen xefes, sen opresión. Benvida a esta loita, que tamén é a túa!