Chegou o momento de organizarnos, de evitar que nos boten das nosas casas, de frear os abusos dos rentistas e banqueiros e de poñer fin ás subas do alugueiro e da vivenda.
O 5A saímos á rúa polo dereito á vivenda!
6 puntos con reivindicaciones muy claras:
1. Baixada do 50% nos alugueiros. Os prezos actuais son insostibles e afogan a millóns de persoas. Necesitamos unha baixada inmediata.
2. Contratos de alugueiro indefinidos. Cada 5 ou 7 anos expúlsannos dos nosos fogares para subir os alugueiros, provocando miles de desafiuzamentos invisibles. Necesitamos contratos indefinidos para poder desenvolver proxectos de vida nos nosos fogares.
3. Recuperación das vivendas baleiras, turísticas e en alugueiro de tempada.
4. Fin da compra especulativa. A vivenda non pode ser unha inversión. Débese prohibir a compra de vivenda se non é para vivir nela, xa sexan fondos voitre ou rentistas individuais.
5. Desarticulación dos grupos de desokupación.
6. Que a banca asuma a subida do Euríbor. Contra a estafa hipotecaria.
Esta movilización é convocada polo movemento da vivenda, formado por asembleas e colectivos de todo o Estado. É un berro colectivo para denunciar esta realidade e fortalecer a organización desde a base.
A vivenda convertiuse no medio de enriquecemento duns poucos a costa do empobrecemento das inquilinas. O alugueiro afóganos economicamente, impídenos ter un fogar estable e seguro, lévase por diante as nosas vidas e a nosa saúde mental. Pero rematouse normalizar esta situación: decidimos unirnos para cambiar o sistema rendista. O pasado 13 de outubro deixamos claro que estamos fartas do rendismo e dos políticos e gobernos que o sosteñen. Non imos esperar máis.
Non imos pagar cincocentos euros por un cuarto de merda. Non imos marcharnos da casa porque queiran facer pisos turísticos ou porque un fondo voitre comprou o noso bloque. Non imos aceptar cláusulas abusivas, vivir con mofo nin tolerar que non repare a caldeira. Non imos aceptar máis abusos.
O pago das nosas rendas sostén o sistema rendista cada mes. Se nos organizamos, temos o poder de paralizar este sistema e forzar os rendistas a negociar directamente con nós. Desde o Sindicato utilizamos nestes anos distintas estratexias de presión baseadas na acción colectiva, a denuncia pública, o control sobre a nosa vivenda ou a ofensiva xudicial, conseguindo gañar conflitos, paralizar expulsións, renovar contratos, eliminar cláusulas abusivas ou recuperar fianzas retidas inxustamente. Agora damos un paso máis aló. Imos utilizar a nosa ferramenta máis poderosa: a retención da renda. E, por suposto, imos baixar os alugueiros.
A folga de alugueiros consiste en deixar de pagar as rendas como medida de presión, como último paso nun conflito onde tamén utilizamos o resto de ferramentas sindicais de presión. Existen diferentes estratexias adaptadas ás características de cada conflito (segundo o tipo de rendista, o número de inquilinas involucradas, o obxectivo que se quere conseguir, etc.). Algúns exemplos son os seguintes:
• Deixar de pagar a renda ata conseguir o cumprimento das obrigas de mantemento e habitabilidade (reparación de caldeiras, mofo, ascensores, etc.).
• Deixar de pagar parte da renda asociada a cláusulas abusivas no contrato, que os grandes rendistas usan para subir os prezos.
• Negarse a pagar unha subida abusiva tras o fin do contrato, pagando o prezo anterior (folga parcial).
• Negarse a abandonar a casa tras o fin do contrato porque non a queren renovar, impedindo que o casero suba o prezo para obter máis rendas.
• Folga de alugueiro a un multiarrendador: deixar de pagar colectivamente a renda para conseguir unha baixada de prezo ou outra mellora.
• Autorredución do prezo do alugueiro, deixando de pagar parte da renda dentro dunha campaña colectiva.
A desobediencia inquilina comezou, e xa non temos medo dos nosos caseros: rematouse facer negocio coas nosas casas. Sabemos que a organización e a acción colectiva son as únicas que poden conseguir cambios reais.
Cada tipo de folga e desobediencia ten as súas dinámicas, riscos e accións específicas, pero todas comparten o mesmo propósito: cuestionar o sistema rendista, acumular poder inquilino e presionar colectivamente para lograr melloras. Cada folga é un paso cara ao noso obxectivo final: unha folga xeral de alugueiros que poña en xaque o sistema rendista. Unha folga xeral na que unha gran maioría social deixemos de pagar completamente as rendas.
A lexitimidade das folgas non depende só da súa base legal, senón sobre todo do seu apoio social e político.Se unha inquilina se rebela soa, ten un problema. Se miles de inquilinas nos organizamos, o problema téñeno os caseros.
Que España é un país de propietarios non é ningunha novidade para ninguén. O 75 % dos fogares reside nunha vivenda en propiedade, segundo datos de Eurostat.
Se España é hoxe un país de propietarios, é grazas a que, durante anos, o Estado apostou todo pola vivenda pública. Ata 2001, a política de vivenda estaba consagrada á vivenda protexida en réxime de compravenda, mediante axudas á construción e á compra a través dun crédito Bancario
“
Entre 1952 e 2016 construíronse máis de 6,8 millóns de vivendas protexidas de algunha modalidade.
“Se se tivese mantido, non existiría o drama que temos agora”,
“As vivendas protexidas foron a fonte primaria de acceso para as familias españolas e chegaron a representar o 90 % das construídas. Hoxe, apenas chegan ao 10 %. Se ese parque non rematase no mercado libre, hoxe non habería problema de vivenda en España”,
Spain is different: do maior parque de vivenda ás ruínas da VPO
Hoxe, Spain is different. Da postal dun país volcado na vivenda protexida só quedan as ruínas. España ten unha proporción ridícula de pisos públicos.
O estalido da burbulla inmobiliaria levou por diante os plans para sacar máis vivenda pública.. Máis do 90 % da produción quedou para o sector privado libre.
“Estamos a ser testemuñas dun retroceso en materia de política de vivenda sen precedentes, que pode acabar consolidando a España entre os países europeos cun menor nivel de protección social neste eido e cos maiores índices de exclusión residencial.
“O que ocorreu é que moitas das vivendas públicas perderon a súa cualificación como vivenda protexida. Construíronse con orzamento público e pasaron a mans privadas.
O gran problema das VPO en España é que tiñan data de caducidade. “En moitas comunidades, aos 10, 20 ou 30 anos, era posible descualificar a vivenda e vendela no mercado libre.
O estalido da burbulla e a crise financeira fixeron foi recorrer á privatización de grandes bolsas de vivenda pública.
As consecuencias do desmantelamento son tráxicas. “O abandono absoluto da política de vivenda a partir do ano 2011 levou a uns resultados inéditos no noso país, que consisten en que a protección oficial deixou de ser una prioridade
O enorme parque de pisos protexidos non só axudaba a facilitar o acceso á vivenda a colectivos vulnerables, senón que tamén exercía un papel regulador do prezo no mercado libre. Ao haber máis oferta a prezo accesible, deixou a vía libre a especulación da Vivenda Agora, o prezo dos pisos leva nove anos subindo sen parar.
Hoxe, a porcentaxe de propietarios en España sofre unha caída libre ante as dificultades de acceso á vivenda de moitos colectivos, especialmente os mozos: o 84,4 % dos menores de 29 anos non podía emanciparse en 2021, nin sequera alugando. A vivenda converteuse nun ben de primeira necesidade ao que non todo o mundo pode acceder, e o Estado chega tarde.
“Se as vivendas protexidas se sometesen a un sistema de longa duración das súas cualificacións, hoxe gozaríamos dun parque protexido de preto de 7 millóns de unidades (case o 40 % do parque actual de vivendas principais),
Nada facía pensar que a situación fose reverterse a curto prazo, senón todo o contrario. Pero a última vaga de anuncios en materia de vivenda lanzados polo Goberno, aínda que cun marcado carácter electoral, abren unha ventá de esperanza no sector.
España construíu máis vivendas que Italia, Francia ou Alemaña xuntas. ¿A onde foi tanta vivenda?
España viviu un boom inmobiliario entre mediados dos anos 90 e 2008, impulsado polo acceso fácil ao crédito, a especulación e o auxe do turismo. Durante este período, construíronse millóns de vivendas, moitas máis das necesarias para a poboación do país. Isto xerou varios efectos:
1. Vivendas Baleiras
En España hai máis de 3 millóns de vivendas baleiras. Isto representa un dos maiores índices de vivendas desocupadas en Europa.
2. Urbanizacións Fantasma
Moitas destas urbanizacións quedaron a medio construír ou abandonadas tras a crise de 2008.
3. Investimento en Vivendas para Turismo
Unha gran parte das construcións destinouse ao turismo, especialmente nas costas mediterráneas e nas illas. Moitas vivendas son segundas residencias, utilizadas só durante unhas poucas semanas ao ano.
4. Especulación e Burbulla Inmobiliaria
Moitos inmobles foron construídos para especular.
5. Reconversión e Alugueiro Vacacional
Nos últimos anos, moitas destas vivendas reconvertéronse en aloxamentos turísticos a través de plataformas como Airbnb.
En resumo, gran parte desa construción segue presente, pero o seu uso e distribución cambiaron cara a un sentido ultraespeculativo, creando un enorme burato de vivenda baleira.