Etiqueta: 16F

Despois do 16F: Aumentemos a presión social

20130217-115539.jpg

A enerxía imPAHrable que vivimos na manifestación de Vigo e os cientos de miles en todo o Estado e soio o principio de algo novo que está a mudar.

O que parecía imposible fixose posible :O PP mudou su intención de voto no último minuto,foi unha gran primeira victoria.

Agora ,nas próximas semans hai que redoblar os esfuerzos e a presión SOCIAL ,mediante correos ós diputados e diputadas,concentracións e manifestacións  …sinalando ós culpables de ista estafa ,que noten que hai un clamor popular que non vai consentir que se cambie para peor una proposta que conta con mais de un millón de firmas e un amplo consenso social.

De aquí  a o 7 de marzo a ILP vai ser tramitada pola vía de urxencia ,que se pareza o que pedimos o que o PP a convirta nunha leí o dictado da Banca,do poder finaciero, depende de nós,depende da presión que podamos facer nistes meses

A PAH vai facer propostas concretas para as próximas semans…..

A loita é o camiño      Si se pode      Xuntos Podemos

16F Polo dereito a vivenda

Polo dereito á vivenda. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsables e esiximos dación en pagamento retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!

Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistematicamente vulnerado no noso país. As Plataformas de Afectados pola Hipoteca denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas de desafiuzamento, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos gobernos correspondentes.

420.000 execucións hipotecarias no Estado os últimos seis anos e 220.000 desafiuzamentos son sinxelamente intolerables.

Fronte aos abusos das entidades financeiras -responsables da crise actual-e a complicidade do goberno, que lles dá cobertura cunha lei inxusta coa que toda a resposabilidad recae sobre a parte máis vulnerable, ao mesmo tempo que ese mesmo goberno destina miles de millóns de euros en axudas públicas á banca sen ningún tipo de contraprestación, as PAHs e a cidadanía mobilizada defendemos o dereito á vivenda, e puxemos enriba da mesa as solucións para rematar con esta estafa. Porque non ten sentido que os bancos acumulen miles de pisos baleiros mentres miles de familias quedan na rúa.

O 16 F saímos ás rúas polo dereito á vivenda, porque o xenocidio financeiro ten os días contados. Porque os dereitos humanos non se negocian

Si se Pode!

20130213-163552.jpg