Etiqueta: Arturo

PILI ATA SEMPRE COMPAHÑEIRA

Pili e Arturo chegaron á PAH xa hai anos ,como todas iniciaron a súa relación coa PAH como afectados ,a débeda co BANCO lles atenazaba, pero aquel sentimento durou pouco,enseguida comprenderon que sen loita a súa causa estaba perdida Ao pouco xa eran uns destacados membros da PAH ,os que a xente recoñece “eses son da PAH “ non faltaban a nada .Todo un exemplo.

Hai uns anos atrapouche unha maldita enfermidade .Nunca te queixabas ,ao contrario había que pararche. Asombrosa a Forza e a enteireza ao afrontar a enfermidade

Pili demostráchesnos a nós e todos aos que axudaches que a felicidade e as alegrias atópanse no esforzo por lograr as «costas da terra do #SiSePode»

O compañeirismo e a viaxe con quen como o teu, animados pola mesma vontade e o mesmo soño, déixanse a pel para derrotar a quen decían que eran e son moi poderosos e que non se pode ,vaia que se pode. Pois claro que #SiSePode

O teu é a mostra que neste lado dos perdedores da crise,que nos non creamos está o mellor deste desdichado mundo

Pili ,non che esquecemos .ComPAHñeira