Etiqueta: Burbulla do Aluguer

Picar a burbulla do Aluguer

Os desafiuzamentos disparáronse e actualmente están ao nivel dos peores anos da crise financeira: 165 desahucios por vía xudicial cada día, un cada 5 minutos. Mentres os fondos voitres acumulan vivendas a unha velocidade vertiginosa, sen precedentes na historia, o aluguer cómese máis ingresos que en calquera outro país da OCDE. E hai que engadir todos aqueles desafiuzamentos invisibles, que non están contabilizados, pero que supoñen a expulsión de moitas veciñas dos seus barrios e pobos por non quererlles renovar o contrato ou por pretender impoñerlles subidas imposibles de asumir para os inquilinos e inquilinas. Chegamos a un punto asfixiante da burbulla do aluguer e queremos pícala , por todos lados e dende todas as frontes.

Queremos picala e estamos determinadas a facelo. Malia que o novo decreto introduce medidas en cuestións de aluguer, estas son aínda insuficientes. Queremos deixar moi claro a toda a poboación os motivos polos cales non deixaremos de loitar ata desmercantilizar unha das necesidades e dereito básicas de todo ser humano: ter un teito digno onde vivir.

E así reivindicamos:

1 Picar a burbulla: esiximos medidas políticas e fiscais para adecuar os alugueres á renda dispoñible das persoas e familias

2 Alugueres asequibles: é urxente regular os prezos do aluguer tendo en conta o poder adquisitivo real da xente, é dicir, a

3 Alugueres estables: os contratos de aluguer non poden acabarse de forma injustificada e unilateralmente. Teñen que renovarse automáticamente a non ser que o propietario demostre que necesita a vivenda para o seu uso persoal ou dun familiar.

4 Ningún desafiuzamento sen alternativa habitacional: maior autonomía financeira dos Concellos (participar dos impostos directos do Estado) para xestionar o parque de vivendas das cidades.

5 Contrato de aluguer único xestionado por oficinas de Vivenda e Concellos: o fin dos abusos dos intermediarios: o negocio das inmobiliarias é un escándalo.

6 Xustiza fiscal: eliminación de todas as figuras a medida da elusión fiscal no Imposto de Sociedades (Socimis, patrimoniales, etc) e no IRPF (acudas físicas e comunidades de bens).

7 Expulsión dos fondos voitres: esiximos eliminar as Socimis, que gozan de grandes privilexios fiscais, e que o goberno deixa que especulen masivamente cos nosos fogares e que sexan a punta de lanza da burbulla.

8 Parque público de vivenda: Tense que converter en parque público de vivenda as vivendas acumuladas pola Banca e polos fondos voitres para garantir a súa función social, evitar a escaseza artificial de vivenda e frear a especulación. Gravar fiscalmente as vivendas urbanas baleiras e crear un imposto sobre as vendas de vivendas ?especulativas? que non sexan para primeira residencia.

9 Aumentar a vivenda social: por parte do Estado, a XUNTA e o Concello.