O Goberno xerará unha onda de cortes de subministración ao non prorrogar a moratoria A ampliación do “escudo social” non inclúe esta medida e deixa expostas a miles de familias vulnerables a partir do 1 de outubro Á espera de ler a letra pequena mañá no BOE, o Goberno central ha acordado non prorrogar polo momento a moratoria de cortes de subministracións en todos os fogares do Estado nunha decisión que pode conlevar consecuencias nefastas. Tras o Consello de Ministros celebrado hoxe, anunciouse a ampliación temporal do chamado “escudo social”, pero a garantía das subministracións de electricidade, gas e auga quedou fóra.
A pesar das boas intencións, e como xa repetimos en múltiples ocasións, o bono social é unha medida que non ofrece solucións reais ás persoas que padecen a pobreza enerxética, dado que moitas delas seguen sen poder facer fronte ás súas facturas, a pesar de contar cos correspondentes descontos. Ademais, non abarca as facturas de gas nin de auga, aumentando o grao de desprotección destas familias. Neste sentido, aínda que durante a rolda de prensa posterior ao Consello mencionouse a figura do bono social térmico, a realidade é que se trata dunha dotación única anual moi reducida (entre 25 e 123,94€), suxeita a dispoñibilidade orzamentaria e á cal moitas das participantes das nosas asembleas, a pesar de realizar os trámites establecidos, non puideron acceder aínda a día de hoxe.
