Etiqueta: Democracia secuestrada

Defendendo a LeiPAHVivenda

Aínda que apenas salga xa nas noticias, cada semán séguense producindo centos de desafiuzamentos en España. A crise hipotecaria de hai uns anos e o seu derivado drama social, o dos desafiuzamentos, acabou pechándose politicamente en falso despois de que o PP vetase no Congreso unha Iniciativa Lexislativa Popular elaborada pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca ( PAH), que contou cun millón e medio de firmas cidadás e unha ampla aceptación social.

En 2013, o rodete parlamentario do PP botou abaixo unha iniciativa con tres medidas clave para paliar a situación: paralización dos desafiuzamentos, dación en pago da vivenda para saldar a débeda hipotecaria en caso de non poder facerlle fronte e aluguer social. Nada disto púxose en marcha, pero a PAH regresou ao Congreso dos Deputados cunha renovada Lei de Vivenda que inclúe as demandas de entón e que agora tamén pon o foco en dous asuntos crave: a burbulla do aluguer e a pobreza enerxética.

Como fixeron en 2013 volven secuestrar a voz da ciudadania Tras esta Lei de Vivenda está un amplisimo respaldo social ,a inmensa mayoria do corpo social apoia as demandas da PAH Pois esta vez o PP non estivo só o partido Cidadáns sumouse ao veto dixo SE a que 170 desafiuzamentos por dia consómense neste Pais

Buscar casa para alugar e non morrer no intento

Alugar converteuse nunha odisea na mayoria das cidades Primeiro pola escaseza de vivendas e segundo e mais importante polo prezo desorbitado dos Alugeres

Os «lobbies» das Inmobiliarias monopolizan o mercado ,impoñen clausulas abusivas e esixencias de avais desorbitados e de dubidosa legalidade

A inmensa maioria non pode acceder a eses prezos e é imposible ter un horizonte de futuro cunha LAU que permite botarche aos tres anos

A «LeyViviendaPAH» defende entre as súas demandas: fixar prezos e asegurar alugueres de moi longa duración;Medidas como estabilidade e unha maior duración dos contratos para poder desenvolver proxectos vitais. Fianzas razoables ,non mais dun mes ,as Administracions Autonómica pero tamen as Locales deben intervir no mercado , promovendo vivendas para o Aluguer, de Titularidade Publica . Estas e outras medidas son moi necesarias para parar a xa chamada “burbulla do Aluguer “

Gozar dunha vivenda digna e adecuada é un dereito humano e constitucional. Pero na práctica convértese nun desexo inalcanzable para miles de familias . Só cun profundo cambio nas políticas, priorizando as actuacións neste sector, será posible modificar o actual panorama, acabar co inxusto sufrimento de tanta xente e converter este dereito en realidade.