Etiqueta: Dereito o Crédito .Estafa

Vivenda Publica Vivenda Baleira

 Millóns de persoas residen en barrios marxinais e vivendas inadecuadas, unha cifra que aumenta pola crecente urbanización, o incremento demográfico e polos movementos migratorios Con frecuencia carecen de servizos básicos como os de abastecemento de auga, saneamento, subministración de electricidade e iluminación público. A miúdo, a delincuencia é endémica, e as mulleres e as nenas son as máis expostas a ese risco. O desemprego, o subempleo e o custo do transporte a lugares distantes de traballo agravan as dificultades

As desigualdades no espazo urbano 

Dise que “se hai algun elemento ou factor de entre todos os que compoñen a Situacion Social do Benestar que sintetice e de modo claro indi­que (sirva de indicador socioloxico) sobre cual é o nivel de Bens­tar Social ou de Malestar dunha familia, ese é, sen dúbida, o da vi­venda que habita, ou o das súas condicións de aloxamento”.

A infravivenda ,o chabolismo son os casos mais extremos dun Urbanismo insolidario . Pero que este tambien reflíctese que gran parte das “chamadas casas baratas “sitúanse nos barrios marxinais ou periféricos das cidades con equipamentos basicos peores

A politica de vivenda debería ser un potente instrumento reductor de desigualdades.» Lamentablemente, da politica de vivendas na España actual non se pode dicir tal cousa. Nin PP nin PSOE tiveron o suficente coraxe nin valentía na construcion de VPO, non se combateu o chamado “efecto ghetto” .  A residencia nestes barrios, é estigmatizante. Vivir nestas zonas asóciase a escaseza de ingresos, a desviación moral, e iso ten connotacións en todos os ámbitos da existencia e na vida das persoas .

“Recibes peor atencion da Admistracion e eres mal visto” .Infravivenda, precariedade, delincuencia, economía informal-ilegal, confinamento, estigmatización, desorganización, violencia. Todos estes termos remiten á sensación de degradación .A pesar de todo o devandito, a cidade segue sendo o espazo para as oportunidades e a liberdade da cidadanía  e as súas ideas e potencialidades . É posible facer outra cidade é necesário unhas novas leis da Vivenda. Unha leyPAH onde se impulse o potencial emancipador que a cidade ten .O acceso á cultura ,á mestizaxe,ás novas creacións .Todo é posible con unha optica que poña a vivenda e a cidade ao servizo da persoas

Sobre dereito á vivenda e dereito á cidade

España está á cola de construción e tenencia de VPO e moi pouca en réxime de Aluguer

.Hoxe tralo levantamiento do Veto aos Alugueres e a Liberación do Chan se inició un proceso de especulación xeneralizada e coa aparición da Crise Económica, noso pais sufriu un dos espisodios mais crueis e tráxicos en forma de Desafiuzamentos .Mais de 600 mil desahucios foron practicados implicando a case 4 persoas por unidade familiar o que nos dá unha cifra impresionante de persoas afectadas

Con todo, a medio e longo prazo tivo consecuencias nefastas tanto para o tecido residencial como para a cidade: de feito, nos efectos provocados pola conxelación dos alugueres podemos descubrir a orixe de moitas das dinámicas negativas que padeceron os cascos históricos urbanos. A conxelación desanimó aos propietarios a investir na conservación dun parque cada vez máis antigo e que xa non xeraba beneficios económicos. As vivendas foron deteriorándose ata converterse nun stock de moi baixa calidade, obsoleto e repleto de carencias (1)

A planificación urbana e a tensión especulativa sobre o chan e a vivenda puxeron fin á mestura social no mesmo tecido urbano, fomentando a creación de zonas socialmente homoxeneas, ou o que é o mesmo, ordenaron aos seus cidadáns en función do seu nivel de renda e clase social.

Han segregado á Poboación

A cidade e os barrios deixaron de ser «mestizos» no social. Pasouse a un modelo de segregacion da ubicación en funcion do poder adquisitivo Asestouse un golpe mortal definitivo ao concepto tradicional de cidade: as zoas máis habituais de relación, zonas verdes e espazos deportivos, quedaron recluídas no interior das mazás, dentro do espazo privado. As zonas comerciais concentramse en grandes edificios que trataban de imi- tar, dentro dos seus muros, a diversidad da rúa comercial. O espazo público quedou así mudo, sen uso social, desposuído das virtualidades da interacción ou directamente con- vertido nun escenario de relacións mercantiles, mentras a vida urbana trasladábase a lugares privatizados e controlados, lonxe dos conflitos e «perigos» da cidade diversa (1)

VIVENDA BALEIRA

En canto a que vía escóllese para garantir o «dereito á vivenda», os grandes tenedores de patrimonio inmobiliario «banca, promotores, inversores» insisten en que non debe ser a imposición de obrigacións, senón a construción de máis vivenda. É unha máxima cuestionable porque durante o boom España batía récords de nova vivenda, sen chegar a crear un equilibrio entre dereito a teito e a explotación da propiedade, como desvelou o estallido da burbulla e a oleada de desahucios. Non accedías a VIVENDA accedías O CRÉDITO Bancario

O INE publicou en 2016 que había en España 3,4 millóns de vivendas baleiras, segundo datos do censo de 2011. E agora continuouse cunha nova politica de construcion con dous elementos craves : A Xentrificacion ,é dicir o desprazamento de antigos veciños do barrio e a presenza grandes fondos especulativos como Blackstone. Aínda que comparte co boom que terminou en 2007 a característica da acumulación de capital en torno ao ladrillo, o actual ciclo especulativo é distinto, polo seu complexidade e porque novos operadores substituíron ás inmobiliarias, promotoras e constructoras afundidas.

O que sobrevive é o fenómeno da vivenda baleira, contra o que non se activaron políticas específicas Hai que gravar con dureza as casas inxustificadamente deshabitadas. Antes de construír nova vivenda hai que saber canta vivenda Baleira é recuperable e iso pasa por un censo da Vivenda Baleira

En Vigo a PAH ,e outros MMSS hanlle traslado a Abel Caballero unha serie de medidas para paliar este drama (ler en leste mesmo Blogue ) Resposta ,silencio ….

  • Por unha LeiGalegaDaVivenda Unha Lei PAH
  • Reforma da LAU :Aluguer estable e alcanzable 
  • Dereito a arraigamento 
  • Plan contra a Vivenda Baleira : Censo ,facilidades fiscales para que coopere y Gravar a quem sendo Gran tenedor de vivenda mantenga Vivenda Baleira

#HaiLeiPAHvivienda.

Pd: Vecinificar. É un concepto que empregamos para referirnos a gañar espazos públicos para os veciños para o seu uso en clave de proximidade onde os veciños poidan realizar actividades cotiás para unha boa calidade de vida. Sería, pois, o oposto á xentrificación. Unha reconquista Niso deberiamos estar xuntos ,unidos e sen fisuras .

(1 )De la especulación al derecho a la vivienda    ed AKAl

A.T.