Etiqueta: desafiuzamento

Reunión da PAH co Secretario Xeral de Vivenda, David Lucas

Na reunión de hoxe, tras unha análise da situación e de como chegamos ata aquí, mostramos o noso desacordo cos últimos decretos insuficientes e á práctica ineficaces, aprobados para axudar ás inquilinas e ás persoas hipotecadas. Expuxemos as nosas emendas para a tramitación parlamentaria do Proxecto de Lei do RDL 11/2020 e saímos co compromiso dunha nova reunión en xuño para profundar nelas, tras recoñecer a insuficiencia dos decretos aprobados ata o de agora. Emendas recollidas nun documento que xa fixemos chegar a todos os grupos parlamentarios, quedando por ver quen as defende e quen non. Ou o que é o mesmo, quen está ao lado das familias e quen. O noso obxectivo é que non se repita o sucedido na crise do 2008, que realmente non se deixa a ninguén atrás e que non sexa a cidadanía a que acabe pagando os efectos da crise sanitaria

As nosas emendas, que xa presentaremos en profundidade, céntranse en:

➤ Exoneracións do pago tanto de hipotecas como de alugueiros ate, como mínimo, o 31 de decembro do 2021, para as familias en situación de vulnerabilidade. Diferenciando claramente entre pequenos propietarios, grandes propietarios -a partir de máis de 5 vivendas- entidades financeiras, socimis e fondos de investimento e entidades públicas.

➤ Suspensión de todos os desafiuzamentos de unidades de convivencia sen alternativa residencial de forma indefinida ou, como mínimo, ate o 31 de decembro do 2021 e establecemento do xuízo de proporcionalidade que vén reclamando a España o Comité DESC.

➤ Extensión das medidas a todas aquelas familias que están en situación de vulnerabilidade, provocada previa ou durante a crise sanitaria

➤ Redución e modificación de requisitos que burocratizan o procedemento e que exclúen a moitas familias da aplicación das medidas.

➤ Alongar o tempo necesario a protección das medidas para facer fronte ás consecuencias da COVID-19, como mínimo ate 31 decembro do 2021, podendo adoptarse o criterio que permita obxectivar a recuperación económica (como o aumento do PIB ou do emprego).

➤ Obrigar á banca a revisar todas as solicitudes que fosen denegadas por incumprir os anteriores requisitos. Tanto en materia de hipotecas como de alugueiros, terán que ser revisadas por si cumprisen cos requisitos que aquí se inclúen.

➤ Parque público e función social da Vivenda. Desenvolvemento de medidas tendentes á utilización como Parque Público Temporal de vivendas inxustificadamente desocupadas en mans de grandes tenedores, como forma de corresponsabilidade social e compensación polo rescate anterior, para dar á Vivenda o tratamento que lle corresponde como ben social, apartándoa de ser un mero ben de consumo e especulación.

O resultado da reunión de hoxe, poderiamos valoralo de positivo xa que vimos unha clara predisposición a colaborar connosco e outras entidades sociais no desenvolvemento para garantir o Dereito á vivenda. alcanzamos o compromiso de manter reunións periódicas para a elaboración dunha Lei de Vivenda, que debería entrar en vigor nesta lexislatura, así como do próximo Plan Estatal de Vivenda e empezar a abordar como debe consolidarse o parque público tendo en conta a vivenda baleira e en mans de SAREB.

Queda moito traballo por diante. Máis cando lamentablemente esta crise volveu a demostrar o que a PAH leva denunciando nos seus 11 anos de existencia: que a vivenda é un dereito humano e que se debe garantir o seu acceso a todos os cidadán

Vivenda Baleira

Intervencion do SINDICATO DE INQUILINOS

Trátase explicar o paradoxo: como o país que ten a proporción máis alta no mundo de “vivendas BALEIRAS ”, e ao mesmo tempo ten sen resolver o problema do aloxamento para unha gran parte da súa poboación nova e hai moitos fogares que sofren o acoso do desafiuzamento

Nos últimos 25 anos en España construíuse máis que nunca, pero non respondeu ás necesidades e ás demandas de aloxamento da poboación . A crise puxo en cuestión este modelo. O aumento da precariedade e do risco de pobreza dos fogares, fixeron esborrallarse á demanda, moitos fogares foron desafiuzados, e os mozos e os traballadores precarios non poden acceder ao mercado por falta de solvencia e moitas familias son desafiuzadas por non poder pagar o Aluguer .

ASI SON ELES

Decir que la legislación española es estupenda cuando hay personas que se están quitando la vida por una ley injusta es absolutamente criminal.»»Les aseguro que no le he tirado un zapato porque quería explicar mi punto de vista. Es un criminal y deberían tratarle así, no es un experto».»Los representantes de los bancos han causado el problema».»Hay muchas formas de violencia y de desprecio, y a la gente con la que yo estoy cada día nos ha ofendido profundamente» ADA COLAU

O número de persoas sen fogar en España achégase a 23.000, segundo o INE O 45% foi por mor da perda de emprego e o 12% por desafiuzamento En España por cada 100.000 habitantes hai 71,3 persoas sen fogar En el Estado español, sólo el 1% de la vivienda pertenece al sector público, mientras que en Europa la media es del 24%.Asi son , asi é a cara dun desafiuzamento

LaPAH conseguiu unha lexitimidade sen parangón. Existen máis de 200 nodos distribuídos ao ancho do territorio As demandas da PAH calaron no imaxinario colectivo dunha gran parte da cidadanía O PP e C´ s quedáronse sós pero non débiles e con todo, as nosas propostas, Materializámolas en varias propostas de Lei Despois da ILP Madrid que conseguiu un amplo apoio pero non pasou as pesadas portas da Asemblea Madrileña Agora necesitamos que a a # LeyViviendaPAH consiga un respaldo social e un coñecemento mediático que lembre á nosa primeira ILP

A ninguén se lle escapa que estamos nun ciclo de protesta social moi baixa Necesitamos de Todas , busquemos ás que faltan ninguén sobra

Empuxemos todas

Que facer en caso de desafiuzamento

Qué hacer en caso de ser desahuciados. from alberto panagulis on Vimeo.

Axudemos a Victoria

viernes 22 de marzo de 2012
11:00 – 14:00
Caixanova, Central en cruce de cuatro bancos
Victoria, unha veciña da localidade e Teo encontrase inmersa nun proceso de desafiuzamento da sua vivenda. A sucursal de Caixanova coa que firmou a hipoteca encontrase na Lama, cerca de Pontevedra. Nas pasadas semanas ela e algúns compañeiros de Stopdesahucios Compostela tentaron negociar coa dirección recibindo o compromiso de recibir resposta no prazo duns días. Esta resposta nunca se produciu polo que a Caixa demostra a nula vontade de negociación. Por iso convocamos a cidadanía a unha concentración ante as portas da sucursal como medida de presión popular para que os xestores de Caixanova acepten o proceso negociador.
Agora a negociación é coa central é por iso que os convocamos nesta e no en Pontevedra.

MÁXIMA DIFUSIÓN!!!!!

***********

Ayudemos a Victoria

Viernes, 22 de marzo de 2012

11:00 – 14:00

Caixanova, Central en el cruce de cuatro bancos

Victoria, una vecina de la localidad de Teo, se encuentra inmersa en el proceso de desahucio de su vivienda. La sucursal de Caixanova con la que firmó la hipoteca se encuentra en Lama, cerca de Pontevedra. En las pasadas semanas ella y algunos compañeros de Stopdesahucios Compostela tentaron negociar con la dirección obteniendo el compromiso de recibir respuesta en el plazo de unos días. Esta respuesta nunca se produjo por lo quela Caixademuestra la nula voluntad de negociación. Por eso convocamos a la ciudadanía a una concentración ante las puertas de la sucursal como medida de presión popular para que los gestores de Caixanova acepten el proceso negociador. Ahora la negociación es con la central, por eso os convocamos en esta y no en Pontevedra.

MÁXIMA DIFUSIÓN!!!!!