Etiqueta: MMSS

CAMBIEMOS O MURO ,CAMBIA O MUNDO # EstaEsMiLey

Os Movementos Sociais son, somos, esa pedra no zapato do sistema. Ou máis ben habería que dicir arenilla, dada a cantidade deles que somos.

Xurdimos pola inquietude de persoas que observan as inxustizas e a falta de atención das Administracións cara aos cidadáns, ou polos abusos dos grandes poderes económicos e financeiros, que acrecentan a desigualdade e a pobreza.

En España, un país moi solidario cando fas un programa para recadar fondos, ou nun peditorio popular, pero menos cando se trata de auxilio directo ou loita activa polos dereitos.

Xuntos podemos conseguir moitas cousas que non se conseguen por separado.De non ser así a crise material e social seguirá facéndose cada vez máis profunda e o efecto rebote da ilusión frustrada pode ter consecuencias perigosas e acrecentar as dinámicas patriarcais e o racismo. Non estamos a falar de política-ficción. Xa o temos diante.

A PAH conseguiu grandes cousas grazas á unión de xentes dispares, que se revelan cada día contra os usos e abusos que se converteron en costumes . !E o que queda por facer!

Este vídeo é unha homenaxe a todos os que se unen, co afán de cambiar aquilo que lles vén imposto e, á vez, un empujoncito a que entredes a formar parte dos distintos Movementos Sociais.

Voces unidas, Voces Valentes dan o seu apoio e fan súa a Lei dicindo # EstaEsMiLey.

É a hora de implicarnos e ser parte deste incrible paso na historia da loita social polos dereitos humanos, pois hai vidas en xogo.

Gravade o voso apoio, compartide os vídeos nas vosas redes sociais, coa etiqueta # EstaEsMiLey e unirvos á Lei de Vivenda Unha Lei de todas!

Mostra do Posible

Quedan dúas semanas para a celebración da Mostra do Posible!! Xa está pechada a programación de actividades… É o momento de comunicar qué imos facer na fin de semana do 7 e 8 de outubro para que a Mostra sexa un éxito.Finalmente somos 54 os colectivos e entidades sociais participantes!!. Podedes consultalos en www.mostradoposible.galDurante esa fin de semana vanse realizar 24 actividades: 6 mesas redondas, 2 presentacións, 2 charlas, 3 obradoiros, 3 actividades sociais, radio en directo, 2 actividades infantís, 4 concertos e unha intervención poética. Ademáis, haberá zona de acampada gratuíta e xantares a prezos populares.A programación completa das actividades presentarase en Santiago este xoves 28 de setembro ás 12:00. Con este acto a nosa intención é comunicar que a Mostra do Posible vai ter lugar en Cangas do Morrazo pero é un evento social de interese para toda Galicia. A Mostra do Posible é un encontro de movementos sociais e empresas de economía solidaria no que vai participar gran parte do tecido social galego. A finalidade da Mostra é visualizar que existen alternativas reais, democráticas, eficientes e fiables para construír entre todos un mundo máis xusto.