Etiqueta: mobilización

2019 Lei de Vivenda PAH .#NosotrasNonCedemos

Desde el fondo de mi barrio marginal (2)

Hasta la campaña profunda

Nuestra realidad es la misma

Y por todas partes la revuelta resuena

En este mundo no teníamos cabida

No teníamos trabajo

No hemos nacido en un palacio

No teníamos la Visa de papá

 

Sin techo, parados, obreros,

Campesinos, inmigrantes, sin papeles,

Han querido dividirnos, no hace falta decir que lo han logrado

Mientras que cada uno fuese por su lado, su sistema podía prosperar

Pero era necesario que un día despertáramos y que de nuevo las cabezas empezaran a rodar

Nosotras no cedemos

Nosotras no cedemos

Queridos camaradas, queridos electores,

queridos ciudadanos-consumidores

Ha sonado el despertador, es la hora de volver a poner a cero los contadores,

Nosotras no cedemos

Nosotras no cedemos

Por el derecho a la Vivienda ,Que paguen por la crisis

Nosotras no cedemos

,

Rachar o Muro da Inxustiza ,Voltar a rua

Un elemento fundamental na configuración da cidade e compoñente básico da calidade de vida é a vivenda. Poderíase dicir que o poder gozar dunha vivenda, en sentido amplo de lugar de abrigo e residencia, é unha cuestión básica para poder empezar a falar de calidade de vida.

A compra dunha vivenda no noso pais, pero tambien o aluguer, requiren esforzos económicos importantes que, sen dúbida, van condicionar o transcurso e a traxectoria vital dos individuos e dos fogares , debido ao elevado prezo que adquire a vivenda como ben. Unha verdadeira política sobre a vivenda non é posible sen un desenvolvemento sustentable para as cidades, arbitrando programas integrais de actuación: ambiental, urbanística, económica, cohesión social e unha política de chan que recupere a iniciativa pública na xestión do chan.

@PAHVigoTui levamos anos loitando com maior ou menor acerto .Son tempos de retroceso Os MMSS sofren agora o uso e abuso da politicas que puseron no cesto das urnas todas e case en exclusiva esperanzas do cambio

E a hora de voltar a rua De pintar e rachar o muro da inxustiza

«A campaña #SubimosAsApostas resulta un éxito: máis negociacións cos bancos e cesión de locais en Salceda e Vigo».

20130617-175143.jpg

Desconvócase a mobilización contra o goberno municipal de Vigo ante a posible cesión ás nosas demandas, que esperamos ver confirmada hoxe. Valoramos  como moi positiva a campaña, pero non baixamos a garda. 

Hai uns días anunciábamos a campaña #SubimosAsApostas, coa que subíamos a intensidade das nosas protestas, tal e como se acordou na nosa Asemblea. A campaña arremetía contra os bancos (que non poñían toda a vontade negociadora que lles esixíamos) e tamén contra as institucións.

Neste sentido afeamos ao Concello de Vigo a promesa incumprida de cedernos un local municipal. Vigo, o municipio máis poboado e onde residen máis afectadas, debía mollarse. O Concello tamén nos ocultaba as vivendas de titularidade municipal que están baleiras na cidade e que poderían ser ocupadas polas familias afectadas e persoas sen teito.
Así, convocamos unha protesta na Praza do Rei o vindeiro luns 1 de xullo, coincidindo co pleno municipal, pois queríamos deixar ben patente o noso enfado ante os incumprimentos do goberno da cidade. Pola contra, o Concello de Salceda de Caselas, todo un exemplo de colaboración coa PAH dende os nosos inicios (os concelleiros doan a súa paga extra a un fondo solidario que vai destinado ás nosas afectadas) cedeunos un local na mesma casa consistorial en apenas unhas semanas, que estreamos onte. Foi un éxito, e o Alcalde e os concelleiros, convidados pola PAH, acudiron á presentación cos activistas e afectados.
Algúns intres antes da presentación pública deste local, a PAH recibía a chamada do Concello de Vigo, que se comprometeu a ceder o local prometido nas próximas horas e a darnos a información sobre as vivendas baleiras que reclamábamos. Ante este xiro radical, e sendo conscientes de que suporía acadar os obxectivos propostas na campaña, a PAH decide desconvocar temporalmente a protesta convocada para o vindeiro luns no Concello de Vigo e esperar a ver se o goberno municipal cumpre a súa promesa. Isto non supoñe un cheque en blanco nin unha rendición: permaneceremos atentos á reacción do Goberno de Vigo, e volveremos convocar a protesta se non cumpre co acordado nas próximas horas.

PD: Podes ver a presentación do local de Salceda  e a noticia sobre o cambio de atitude do Concello de Vigo.

#SubimosAsApostas: mobilízate con nós ou consinte os abusos na casa.

A PAH continúa coa campaña de mobilización #SubimosAsApostas, que supón endurecer as protestas do colectivo contra bancos e institucións.1013932_510458195674729_1993639467_n

Este martes volvimos protestar no cruce de Colón contra a usura bancaria e pouca vontade negociadora que están amosando algúns bancos da zona. Na protesta activistas, afectados e cidadáns afíns berraron contra a impunidade bancaria. Podes ver o álbum da acción no álbum colgado na NOSA PÁXINA DE FACEBOOK.
Tamén estivemos hoxe mércores fronte aos Xulgados de Vigo, onde acompañaremos ao colectivo para protestar contra as políticas miserables do Goberno central, e o xoves ás 11 iremos ao Concello de Vigo co ODS Coia a reclamar «vivir dignamente».

O xoves 27 ás 12hs imos presentar no Concello de Salceda de Caselas o local que o goberno municipal cedeu altruistamente á PAH para poder facer o noso traballo. Queremos volver deixar claro que a PAH non recibe subvención pública algunha nin cobra nada aos afectados. As nosas acción son autofinanciadas, moitas veces a cargo dos activistas e do material que vendemos, polo que axudas como a do Concello de Salceda son necesarias. Chama a atención que o Concello de Vigo, o máis poboado do noso ámbito de actuación e onde residen a maioría dos afectados, prometeu un local hai meses, que aínda non o cedeu, polo que o de Salceda de Caselas convírtese no único que temos en toda a nosa área, que é ben grande (Vigo, Redondela, Mos, Tui, Tomiño, Salceda, A Guarda…)
A colaboración co goberno muncipal de Vigo , fructífera no pasado, é inexistente na actualidade, pois pensan que somos unha axencia pública á que derivar os casos e non fai o que se compromete. Ocúltannos ademais o número de vivendas de propiedade municipal que levan anos baleiras e que poderían ser ocupadas polos nosos afectados ou por persoas sen teito. A Bolsa que ten promocionado o Concello de Vigo ten criterios moi duros e restritivos, comparables á chapuza coa que o PP de Rajoy substituiu a nosa ILP.
Por esta razón tamén convocamos unha protesta o luns 1 de xullo na Praza do Rei, día no que hai pleno municipal, pois queremos visualizar o noso malestar e denunciar os incumprimentos do Alcalde de Vigo coa PAH. Unha vez máis, a participación civil é decisiva para o éxito da mobilización, polo que animamos a cidadáns e colectivos amigos a unirse a nós.

Así que lembra estas accións (están todas no noso calendario):

XOVES 27 XUÑO 11hs-> Sumámonos á campaña da ODS Coia obre vivir dignamente.
XOVES 27 XUÑO ás 12hs-> Presentación do local da PAH en Salceda de Caselas.
LUNS 1 XULLO ás 9.15hs-> Protesta ante o Concello de Vigo.