Etiqueta: PAHVIGO

«A campaña #SubimosAsApostas resulta un éxito: máis negociacións cos bancos e cesión de locais en Salceda e Vigo».

20130617-175143.jpg

Desconvócase a mobilización contra o goberno municipal de Vigo ante a posible cesión ás nosas demandas, que esperamos ver confirmada hoxe. Valoramos  como moi positiva a campaña, pero non baixamos a garda. 

Hai uns días anunciábamos a campaña #SubimosAsApostas, coa que subíamos a intensidade das nosas protestas, tal e como se acordou na nosa Asemblea. A campaña arremetía contra os bancos (que non poñían toda a vontade negociadora que lles esixíamos) e tamén contra as institucións.

Neste sentido afeamos ao Concello de Vigo a promesa incumprida de cedernos un local municipal. Vigo, o municipio máis poboado e onde residen máis afectadas, debía mollarse. O Concello tamén nos ocultaba as vivendas de titularidade municipal que están baleiras na cidade e que poderían ser ocupadas polas familias afectadas e persoas sen teito.
Así, convocamos unha protesta na Praza do Rei o vindeiro luns 1 de xullo, coincidindo co pleno municipal, pois queríamos deixar ben patente o noso enfado ante os incumprimentos do goberno da cidade. Pola contra, o Concello de Salceda de Caselas, todo un exemplo de colaboración coa PAH dende os nosos inicios (os concelleiros doan a súa paga extra a un fondo solidario que vai destinado ás nosas afectadas) cedeunos un local na mesma casa consistorial en apenas unhas semanas, que estreamos onte. Foi un éxito, e o Alcalde e os concelleiros, convidados pola PAH, acudiron á presentación cos activistas e afectados.
Algúns intres antes da presentación pública deste local, a PAH recibía a chamada do Concello de Vigo, que se comprometeu a ceder o local prometido nas próximas horas e a darnos a información sobre as vivendas baleiras que reclamábamos. Ante este xiro radical, e sendo conscientes de que suporía acadar os obxectivos propostas na campaña, a PAH decide desconvocar temporalmente a protesta convocada para o vindeiro luns no Concello de Vigo e esperar a ver se o goberno municipal cumpre a súa promesa. Isto non supoñe un cheque en blanco nin unha rendición: permaneceremos atentos á reacción do Goberno de Vigo, e volveremos convocar a protesta se non cumpre co acordado nas próximas horas.

PD: Podes ver a presentación do local de Salceda  e a noticia sobre o cambio de atitude do Concello de Vigo.

ANTE LA NO ACEPTACIÓN DE MÍNIMOS, ¡SUBIMOS LAS APUESTAS ¡

ANTE LA NO ACEPTACIÓN DE MÍNIMOS, ¡SUBIMOS LAS APUESTAS ¡

Ante la No aceptación de la ILP por el PP
Nuestra experiencia de lucha como PAH nos ha permitido constatar:

Primero la violación sistemática de derechos humanos que conlleva la estafa
hipotecaria.

Segundo: Los responsables de esta estafa a gran escala deben responder ante la ciudadanía y por eso exigimos juicio (castigo en su caso) para ellos.

Tercero: Una vez agotadas todas las vías debemos dar un paso al frente. En este
sentido debe jugar un papel primordial la «Obra social de la PAH».
La recuperación de las viviendas vacías en manos de las entidades financieras.
No puede ser que en un país con 6 millones de pisos vacíos, exista gente con un grave problema habitacional, es decir, en la calle o en casa de sus padres ,abuelos amigos etc.

Es decir la PAH se propone una nueva campaña con 2 ejes :

A) Relanzar la idea del alquiler social y por el derecho a una vivienda

1/ En el manifesto de la PAH exigimos la reconversión del parque de viviendas en mano de las entidades bancarias, en un parque publico de alquiler social y otro tanto con las viviendas vacias del Concello de Vigo, que son municipales, que son del Pueblo de Vigo y parecen un secreto de Estado, ¡¡ Que se hagan públicas ya!!
por lo tanto exigimos y denunciamos el uso antisocial de las viviendas vacías y de las viviendas de las personas y familias que han sido desahuciadas de ellas.
2/ Vamos exigir a la Xunta de Galicia una Ley Autonómica que garantice que los ciudadanos tengan reconocido el derecho ( reconocido en el Estatuto de Autonomía y la Constitución ) a una vivienda digna y de calidad No descartamos impulsar una ILP Autonómica

B) Impulsar una demanda colectiva contra el abuso bancario en forma de cláusulas abusivas: cláusula suelo, intereses de demora, comisiones …. etc

Que se generalice YA la retirada de las cláusulas suelos en todas la entidades Bancarias

20130617-175143.jpg

Vigo uniuse ás manifestacións internacionais contra o austericidio da Troika.

Ás 12 e cuarto de mañán unha morea de cidadáns tomou a Praza de España para berrar contra as medidas impostas pola troika (Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea) que o goberno inútil do PP cumpre ao pé da letra pese a que supoñen un austericidio que leva ao país e aos seus cidadáns á máis absoluta pobreza. España cede soberanía a cambio de miseria e sufrimento cun contrato liberal que nin a dereita nin o centro esquerda institucionais cuestionan.

20130601-154415.jpg

A PAH sumouse ás mobilizacións europeas convocando incluso a de Vigo, que xunto con Zaragoza inauguraba de mañán as protestas europeas. Membros da PAH, da CNT, de Galiza Nova,BNG  e outras organizacións ateigaban a Praza de España, punto de partida. Entre gritos contra o Goberno, as medidas da troika, a favor dos afectados e contra a clase política xorda e incapaz a manifestación chegou á sede de IberCaja, onde o comPAHñeiro Ricardo facía uves de vitoria coas súas mans, pois gañou a súa loita contra esta entidade cunha folga de fame e o apoio total e absoluto da PAH, entre aplausos dos asistentes. Outro xesto simbólico e espontáneo tivo lugar no cruce de Colón (o dos catro bancos), onde membros da PAH colléronse das mans para rodear o cruce e gritar que aí estaban os culpables desta estafa e da súa odisea: a banca criminal.

A manifestación chegou á Porta do Sol case ás 13:30, onde se leu un manifesto que rexeitaba o austericidio liberal e antidemocrático da troika, levado a cabo coa complicidade dun goberno inútil e dunha oposición incapaz e entre gritos que pedían unha folga xeral e máis loita cidadá.

20130601-154403.jpg Por Dani G.Reigosa (Militante da PAH )