Presentamos 10 propostas de mínimos que pensamos que son imprescindibles para regular os alugueres e garantir o dereito á vivenda. As demandas do Sindicato iranse completando e concretando a medida que avancemos na loita.
1/Esiximos unha regulación de alugueres baseada no ingreso dos fogares e que teña como obxectivo baixar o prezo dos alugueres. Por iso é necesario un índice de prezos do aluguer construído e definido de xeito participativa (entre todos os axentes sociais implicados), referido a variables socioeconómicas como a renda familiar dispoñible, e que sexa vinculante, con penalizaciones polos propietarios que o excedan.
punt-ou

2/Fair falta estabilidade e unha maior duración dos contratos para poder desenvolver proxectos vitais. Propoñemos contratos de 12 e 6 anos para as vivendas de grandes e pequenos propietarios, respectivamente. E que se renoven automáticamente (agás se a propiedade ten unha necesidade familiar).
punt-dous
3/Os incrementos nas rendas de aluguer estarán suxeitos a índices obxectivos como o IPC ou índices de tipo municipal que teñan en conta o custo da vida e non os intereses especulativos do mercado.
punt-tres
4/A fianza para arrendar unha vivenda non poderá ser superior a un mes de renda, e un segundo mes en concepto de mobles e enseres no caso de vivendas amuebladas. Non se debe poder retirar a fianza depositada no rexistro público sen documento que acredite a extinción do contrato de arrendamento e o acordo asinado por arrendador e arrendatario.
5/As administracións públicas únicamente promoverán a vivenda de aluguer de titularidad pública. Un mecanismo fundamental para a ampliación do parque de vivenda pública de aluguer será a movilización dos pisos baleiros que se atopan en mans das entidades bancarias.
deu-punts
6/ Esiximos que os grandes propietarios teñan a obrigación de ofrecer un aluguer social ás familias vulnerables para evitar que sexan desafiuzadas por impago de aluguer. Así mesmo, esiximos ás administracións públicas a obrigación de realojar ás persoas desafiuzadas pola imposibilidad de pagar o aluguer, como se contempla na Lei 24/2015 (art. 5.6). Hai que derrogar o procedemento de ?desahucio exprés? establecido pola última reforma da LEC.
deu-punts
8/Traballaremos para a eliminación de vehículos de especulación financeira, como as SOCIMI (Sociedades Anónimas cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario) e outros tipos de sociedades, que ademais actualmente gozan de importantes exoneraciones tributarias.
9/ Rexistro obligatorio de todos os solares, propiedades verticais e vivendas desocupadas por un periodo superior a un ano. Expropiación daqueles solares e propiedades verticais que estean baleiros durante dous anos (como xa se contempla na Lei de Urbanismo). Promover a movilización de pisos baleiros a través de penalizaciones económicas tanto a grandes como a pequenos propietarios.
10/ O arrendador debe asumir os honorarios dos APIs ou administradores de leiras de forma total. Entendemos que é quen fai o encargo de comercialización dun inmueble quen debe asumir os gastos derivados.
Ante as actuais situacións de vulneración do dereito á vivenda, e á espera dos cambios legislativos e as políticas públicas que enderecen a situación, apoiamos e consideramos como lexítimas aquelas resistencias inmediatas practicadas polos e as arrendatarias, incluíndo a permanencia na vivenda «en precario» cando o propietario rexeite a renovación do contrato e a ocupación de propiedades verticais que se atopen baleiras.






