Etiqueta: PP.

Súmate a protesta PAHcífica

20130421-043237.jpg

O Partido Popular anunciou o pasado martes o peche do debate sobre a ILP Na máis absoluta soidade. Sen aceptar as emendas de ningún grupo político e, o que é máis preocupante para a democracia deste país, desoíndo unhas demandas que contan co apoio do 90% da población
La proposta de lei do PP desvirtúa por completo a ILP, non respecta o texto e volve ás súas medidas parciais, arbitrarias e insuficientes que exclúen á maioría groso da xente as persoas afectadas. Unhas medidas que xa se mostraron fracasadas. A súa proposta mostra un desprezo pola sentenza do TJUE, xa que non modifica o fondo do procedemento de execución hipotecaria, nin di nada dos centos de miles de procedementos xa realizados cunha lei ilegal que vulnera dereitos fundamentais. Condénanos e sacrifican de por vida ao non aceptar ningún tipo de retroactividade efectiva. O texto feito público a semana pasada ofrece unha posibilidade teórica: que as familias paguen o 65% da débeda en en cinco anos a partir da feita da poxa. Algo que, os que coñecemos o problema de preto, sabemos que é inviable para o 99% das familias afectadas. Impide tamén que a inmensa maioría das persoas afectadas se acollan á paralización dos desafiuzamentos de vivendas habituais e non considera ningunha medida significativa de impulso do aluguer social

. Seguiremos parando desafiuzamentos, actuaremos para forzar negociacións cos bancos e lograr dacións en pagamento, recuperaremos vivendas baleiras en mans das entidades financieras.

Non é nosa ILP. #EsiximosNosaILP

1333265702_0

O PP  AFUNDE  A  ILP

Non é a nosa ILP. Non no noso nome.

O PP AFUNDE  Á ILP

Coñecida a posición do Partido Popular no relatorio de impulsar en solitario o seu proxecto de lei, as entidades promotoras da ILP decidiron retirala porque non recolle o contido do texto presentado no congreso.

As entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desahucios e o aluguer social denuncian a vontade do Partido Popular de aproveitar a tramitación parlamentaria da ILP para desvirtuar as propostas desta iniciativa cidadá.

A proposta de ?medidas urxentes para reforzar a protección aos deudores hipotecarios, reestructuración de débeda e aluguer social? descoñece as lexítimas pretensións da ILP: dación en pago retroactiva; paralización dos desahucios que afecten a vivendas habituais de deudores hipotecarios e a posibilidade de que as persoas afectadas poidan permanecer nas súas vivendas en réxime de aluguer social.

A proposta do PP supón unha burla aos intereses das persoas afectadas por procesos de ejecución hipotecaria e á sociedade no seu conxunto. Unha vez máis, a efectividad do dereito a unha vivenda digna consagrado na Constitución española e en numerosos tratados internacionais de dereitos humanos ratificados polo Estado español, queda supeditado aos intereses das entidades financeiras.

Pese á aceptación a trámite parlamentario da ILP, o PP, descoñecendo o masivo apoio social á proposta, elimina todo rastro da ILP pola dación en pago. Co seu proxecto de Lei, o PP non resolve o problema social da débeda hipotecaria (nin dos que xa foron desafiuzados nin dos que o serán no futuro). Miles de cidadáns continuarán perdendo a vivenda i continuasen endebedados coas entidades financeiras, perpetuándose a inxustiza da lexislación hipotecaria española.

Mentres que a ILP permitía liberar ás familias da condena financeira e facilitaba o seu acceso, en réxime de aluguer social, ás vivendas baleiras propiedade das entidades financeiras. Unhas medidas que permitían mitigar de xeito decisivo os efectos sociais máis dramáticos da crise económica actual. A reforma do PP seguirá condenando á pobreza e á exclusión social por centos de miles de persoas.

Por todo iso, as entidades promotoras da Iniciativa Legislativa Popular (ILP) pola dación en pago retroactiva, a paralización dos desahucios e o aluguer social, decidimos retirala e poñer en evidencia que o proxecto de lei do PP supón o rexeitamento á ILP que se presentou no Congreso.

O grupo promotor está formado por CCOO, UGT, Observatorio DESC, Taula do Terceiro Sector, Confavc e Plataforma de Afectados pola Hipoteca
      

       #EsixigimosNosaILP

                   o PP afunde á ILP

Carta ós diputados do PP

7/03/2013

Ana PastorJulian,Telmo Martín Gonzalez,Paz Lago Martínez (PONTEVEDRA )
Juan de Dios Ruano Gómez, Marta González Vázquez, Trístana Maria Moraleja Gómez, Antonio Pérez Insua , Antonio Eiras Reí. (A CORUÑA )
Joaquín María García Díez ,Maria Iglesias Fontál y Jaime Olano Vela (LUGO )
Guillermo Collarte Rodríguez , Celso Delgado Arce , Belén Vazquez Blanco (OURENSE)

Invitámolo a asistir ás reunións das Plataformas de Afectados pola Hipoteca. Invitámolo a coñecer de primeira man e en directo a realidade á que nos vemos abocadas centos de miles de persoas neste país.

Vostede coñece dabondo que as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos por impago de hipotecas son unha das caras máis dramáticas da crise en España, que xa levou por diante a máis de 400.000 familias. É unha realidade innegable para alguén que ostenta un cargo público.
Vostede sabe tamén que o marco legal que regula os impagos de hipotecas condena a familias insolventes á exclusión social e déixaas sen marxe para refacer as súas vidas nin horizonte algún de recuperación. Isto foi avalado extensamente por sentenzas xudiciais, Gobernos doutros países, a relatora de Nacións Unidas polo dereito á vivenda, a avogada do Tribunal de Xustiza da UE, Concellos, etc. A situación vólvese aínda máis incomprensible se se ten en conta que a dación en pagamento, o dereito a unha segunda oportunidade, está contemplada na nosa lexislación para as empresas, pero non para as persoas.
A súa Señoría é perfectamente consciente de que este drama foi ignorado de xeito reiterado polos gobernos de PSOE e PP e que nin o decreto de Boas Prácticas nin a moratoria de desafiuzamentos para casos de extrema vulnerabilidade serviron para resolver o problema.
E tamén sabe que a sociedade fixo súa de forma masiva e incontestable a única proposta que a día de hoxe ofrece solucións de mínimos a este drama: a ILP pola dación retroactiva, a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social.
Todo isto sábeo se vive neste país e coñece á xente do común, a xente normal que está sen traballo e con hipoteca. Ou que ten traballo, pero non gaña suficiente para pagar a hipoteca por ter que afrontar gastos máis importantes como comer ou abastecerse dos servizos básicos. Se non o sabe é porque vostede bota unha venda nos ollos cando sae á rúa ou ignora as novas na prensa sobre persoas desesperadas que tristemente nos deixaron porque xa non puideron máis, pensando que non había saída. Pero si que a hai, a que a Plataforma de Afectados pola Hipoteca puxo enriba da mesa.
Se todo esto non fose suficiente para decatarse, o pasado martes 5 de febreiro a voz da PAH chegou ao Congreso a través da súa voceira, Ada Colau, que compareceu na Comisión de Economía para falar sobre o proxecto de protección dos deudores hipotecarios. Ese día entregamos outra carta coa que solicitamos ao seu grupo parlamentario que se comprometa por escrito a defender as demandas que contén a ILP sen rebaixas nin concesións de ningún tipo. O silencio ou unha negativa do seu partido á misiva equivale a ignorar o sufrimento de miles de persoas e a vontade dunha incontestable maioría

Terminamos, Señoría:

A ILP tramitouse e vostedes teñen que presentar enmendas para posteriormemente votala no Congreso. Poden respectar as demandas de mínimos recollidas na ILP, ou amplialas. Tamén poden votar a favor de perpetuar os privilexios da banca. Pero votar a favor da ILP bríndalle unha nova oportunidade para acabar con este drama social, estar á beira do pobo e recuperar parte da lexitimidade perdida. Votar en contra ou rebaixala convérteo, aos ollos da maioría, en responsable directo do sufrimento e a dor de miles de familias deste país. Apelamos á súa conciencia persoal e á súa humanidade ante o sufrimento e a vida da xente. Baixe á rúa e escoite aos afectados. Ata que se vote a ILP vostede pode cambiar de opinión. Veña visitarnos. Se non pode, teremos que achegarnos nós

PAH VigoTUi
Stop Desafiuzamentos Lugo
Stop Desafiuzamentos-ALPA Vilagarcía
Stop Desahucios Coruña
Stop Desafiuzamentos Ourense
Stop Desafiuzamentos Compostela.
«FerrolTerra»
Stop Desafiuzamentos Barbanza
PAH Morrazo

Galicia

20130310-010326.jpg

Nova Campaña da PAH

Nos últimos meses o consenso para reformar a lei hipotecaria, que ten alcanza cotas do 90% entre a poboación segundo as enquisas, estendeuse ata sectores como o Tribunal de Xustiza da UE, os xuíces decanos do noso país, sindicatos de policías e mesmo asociacións de cerralleiros e bomberos que se negan a colaborar nos desafiuzamentos. Chegados a este punto, consideramos que coa ILP esgotamos todas as vías posibles que o actual sistema ofrece para modificar unha lei. Agora é a quenda dos políticos. É a quenda de responder ás demandas da cidadanía e deixar de responder ao ditado da banca.

.y damos comezo a unha campaña de sinalamento dos culpables

Durante as dúas primeiras semanas de febreiro, a PAH interpelou a todos os partidos con representación parlamentaria para solicitar por escrito o seu apoio a estas medidas de mínimos. Temémonos que algúns partidos van expresarnos a súa determinación de votar en contra e continuar defendo os intereses das entidades financeiras. Estamos convencidos de que esta decisión non responde á vontade dos deputados que conforman estes partidos e é por iso que iniciaremos unha campaña co obxectivo de que rompan a disciplina de voto apelando aos seus valores éticos e morais, apelando á democracia; é unha demanda cidadá.

Será unha campaña pacífica e estamos a traballar conxuntamente con avogados, colectivos de artistas e deseñadores para que a campaña teña a máxima repercusión diudadana que nos permita conseguir os nosos obxectivos. Respectamos a liberdade de voto dos deputados, pero consideramos que temos dereito como cidadáns a informalos das consecuencias dramáticas que vai ocasionar a súa decisión porque as estamos a padecer diariamente.

Esta campaña será gradual e está dividida en fases:

Apelamos ao voto individual. Queremos coñecer cúal é a intención de voto de cada un destes deputados e informalos dos contidos da ILP mediante os seus perfís de twitter .Que rompan a disciplina de partido e voten a favor das propostas contidas na ILP: Dazón en pagamento,aligerar social e paralización inmediata dos desafiuzamentos.

Se persisten en manter a decisión da cúpula dos seus partidos, iniciaremos unha segunda fase na que faremos visible a súa actividade lexislativa Se rematou a impunidade para aqueles que permiten que se sigan vulnerando os dereitos humanos no noso país. Os bancos ningunean nos, sinálannos como culpables da nosa situación, engánannos en procesos de refinanciamento, maltrátannos verbalmente, sinálannos publicamente no desafiuzamento da nosa vivenda e déixannos na rúa sen ningunha alternativa.
Agora tócanos a quenda de sinalar os que permiten que esta situación se produza.

20130222-015123.jpg