Etiqueta: Precariedade

Vivenda Baleira

Intervencion do SINDICATO DE INQUILINOS

Trátase explicar o paradoxo: como o país que ten a proporción máis alta no mundo de “vivendas BALEIRAS ”, e ao mesmo tempo ten sen resolver o problema do aloxamento para unha gran parte da súa poboación nova e hai moitos fogares que sofren o acoso do desafiuzamento

Nos últimos 25 anos en España construíuse máis que nunca, pero non respondeu ás necesidades e ás demandas de aloxamento da poboación . A crise puxo en cuestión este modelo. O aumento da precariedade e do risco de pobreza dos fogares, fixeron esborrallarse á demanda, moitos fogares foron desafiuzados, e os mozos e os traballadores precarios non poden acceder ao mercado por falta de solvencia e moitas familias son desafiuzadas por non poder pagar o Aluguer .

Noite de PAZ

No mundo, actualmente, como todos sabemos, hai xente moi pobre, cun nivel de vida crítico, e que o están pasando realmente mal.Persoas que todos os días morren de fame, e que ven morrer aos seus fillos. Son xente loitadoraVaia a nosa homenaxe .Hai suficiente alimento no mundo para alimentar a toda a poboación mundial Ninguén debería carecer dun fogar As guerras desprazan a millóns de persoas e o Mediterráneo é a vergoña dunha Europa que esta deixando de ser a Europa do Estado do Benestar

O PP , C´ s representan no noso pais a inxustiza e a perpetuación de relacións inxustas e precarias no mundo do traballo,dos dereitos mais elementales como fornecimento de suministracións básicas como Luz ,auga,gas e vende a Sanidade o millor postor …

A PAHVigo seguirá .Farémolo mellor ou peor Contra o silencio de quen dia a dia silénciannos nos seus medios,a eles tamén vai esta marabillosa canción «Silent night»

Bo nadal compañeiras .Loitadoras

A.Telmo