Etiqueta: Salceda

#SubimosAsApostas: mobilízate con nós ou consinte os abusos na casa.

A PAH continúa coa campaña de mobilización #SubimosAsApostas, que supón endurecer as protestas do colectivo contra bancos e institucións.1013932_510458195674729_1993639467_n

Este martes volvimos protestar no cruce de Colón contra a usura bancaria e pouca vontade negociadora que están amosando algúns bancos da zona. Na protesta activistas, afectados e cidadáns afíns berraron contra a impunidade bancaria. Podes ver o álbum da acción no álbum colgado na NOSA PÁXINA DE FACEBOOK.
Tamén estivemos hoxe mércores fronte aos Xulgados de Vigo, onde acompañaremos ao colectivo para protestar contra as políticas miserables do Goberno central, e o xoves ás 11 iremos ao Concello de Vigo co ODS Coia a reclamar «vivir dignamente».

O xoves 27 ás 12hs imos presentar no Concello de Salceda de Caselas o local que o goberno municipal cedeu altruistamente á PAH para poder facer o noso traballo. Queremos volver deixar claro que a PAH non recibe subvención pública algunha nin cobra nada aos afectados. As nosas acción son autofinanciadas, moitas veces a cargo dos activistas e do material que vendemos, polo que axudas como a do Concello de Salceda son necesarias. Chama a atención que o Concello de Vigo, o máis poboado do noso ámbito de actuación e onde residen a maioría dos afectados, prometeu un local hai meses, que aínda non o cedeu, polo que o de Salceda de Caselas convírtese no único que temos en toda a nosa área, que é ben grande (Vigo, Redondela, Mos, Tui, Tomiño, Salceda, A Guarda…)
A colaboración co goberno muncipal de Vigo , fructífera no pasado, é inexistente na actualidade, pois pensan que somos unha axencia pública á que derivar os casos e non fai o que se compromete. Ocúltannos ademais o número de vivendas de propiedade municipal que levan anos baleiras e que poderían ser ocupadas polos nosos afectados ou por persoas sen teito. A Bolsa que ten promocionado o Concello de Vigo ten criterios moi duros e restritivos, comparables á chapuza coa que o PP de Rajoy substituiu a nosa ILP.
Por esta razón tamén convocamos unha protesta o luns 1 de xullo na Praza do Rei, día no que hai pleno municipal, pois queremos visualizar o noso malestar e denunciar os incumprimentos do Alcalde de Vigo coa PAH. Unha vez máis, a participación civil é decisiva para o éxito da mobilización, polo que animamos a cidadáns e colectivos amigos a unirse a nós.

Así que lembra estas accións (están todas no noso calendario):

XOVES 27 XUÑO 11hs-> Sumámonos á campaña da ODS Coia obre vivir dignamente.
XOVES 27 XUÑO ás 12hs-> Presentación do local da PAH en Salceda de Caselas.
LUNS 1 XULLO ás 9.15hs-> Protesta ante o Concello de Vigo.