Por dous trimestres consecutivos en Galicia aumentan os desafiuzamentos un 14,4% no primeiro trimestre do ano, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG ) e no segundo trimestre do presente ano tiveron un incremento do 6 % con respecto ao mesmo período da anualidade anterior, ao pasar de 690 a 732.
Hai que reafirmarse na idea do aluguer social e polo dereito a unha vivenda e dar uso social á vivenda desocupada ,frente as propostas da Xunta de Galiza que nos impón unhas medidas que non funcionan , e os datos non engañan
1/ Esiximos a CREACION nun parque publico de aluguer social. Denunciamos o uso antisocial das vivendas baleiras e das vivendas das persoas e familias que foron desafiuzadas do seu pisos
2/ Debemos esixir á Xunta de Galicia unha Lei de Vivenda Autonómica que garanta que os cidadáns teñan recoñecido o dereito ( recoñecido no Estatuto de Autonomía e a Constitución ) a unha vivenda digna e de calidade e Subministracións Basicos garantidos
Galicia foi castigada por miles de deshucios e desaloxos O 2º T deste anos aumentaron os desafiuzamentos ,ao tempos que .Galicia, é unha das comunidades autónomas con maior porcentaxe de vivendas baleiras , unha de cada cinco vivendas de Ourense e Lugo está baleira. Son as dúas provincias con maior porcentaxe de vivendas desocupadas.
Por outra banda o SAREB ( Banco Malo ) e a Banca son hoxe os maiores propietarios de vivenda
Queremos que se aborde o problema da vivenda desocupada (fomentar o aluguer das que non teñen ningún uso ) e a creación dun parque público e de VPO coas casas hoxe en poder da Banca .
POR O ALUGUER NO CENTRO DA DIANA
1.- Aluguer estable e alcanzable
Para elo e fundamental unha nova Lei de Arrendamentos Urbanos para facilitar un aluguer ,estable e alcanzable
* Reforma da LAU para dar seguridade e estabilidade.
* Ampliación a un mínimo de 5 anos e con fórmulas nas cales o contrato só póidase rescindir en casos concretos de urxencias.
* Establecer un marco de regulación dos prezos que corresponda aos ingresos da poboación
2/Reorientación do sector da construción cara a actividades de rehabilitación
3 / Parque Publico da Vivenda :Vivenda Social “Alugueres Sociais non superiores ao -25 % o 30% dos ingresos da unidade familiar”.
Mobilización de vivenda baleira mediante a cesión obrigatoria e recuperación da vivenda en mans da SAREB, expropiación das vivendas en mans da banca pública rescatada, expropiación de vivenda baleira dos grandes garfos de vivenda e atraer Vivenda de Privada de pequeños propietarios para o Aluger Social con propostas reais e sabendo que un PARQUE da Vivenda non pode construirse en base a estas Vivendas dos pequenos propietarios .




