Etiqueta: Sindicato Inquilinas

O dia 3 Constitución do Sindicato da Inquilinas Vigo #AsembleaAberta

Somos un grupo de persoas de Vigo e Concellos con Porriño ,Mos ,Redondela ,Salceda Tui e queremos impulsar un Sindicato de inquilinas e inquilinos na cidade, pola defensa do dereito á vivenda e un aluguer alcanzable, estable, seguro e digno.

Queremos axuntar ás persoas que vivimos ou queremos vivir de aluguer, tanto en vivendas do mercado privado como público, para reivindicar conxuntamente os nosos dereitos e incidir no ámbito executivo e lexislativo.

Entendemos que a problemática do aluguer non é só consecuencia dunha lei contraria aos dereitos das persoas que arriendan, senón tamén desta nova burbulla inmobiliaria que ataca á nosa cidade, baseada no incremento especulativo e abusivo do prezo dos alugueres. Denunciamos, ademais, que a precarización xeral das condicións de traballo multiplica o risco de exclusión residencial. Iso xera que as persoas que queremos alugar cada vez teñamos máis dificultades para facer fronte á carestía desmesurada da vida, debido a que investimos máis parte da nosa renda en garantir un dereito fundamental.

Entendemos que é vital garantir a función social das vivendas a través da firme protección do uso residencial por encima do uso económico ou especulativo de calquera tipo.

Por todo isto, facemos un chamamento e unha invitación a toda as persoas de Vigo e concellos limítrofes para que se incorporen a este proceso cara á creación dun Sindicato de Inquilinas e Inquilinos:

Porque queremos un aluguer alcanzable e estable Porque queremos defender os nosos dereitos como inquilinas Queremos construir o #SindicatoInquilinas #AluguerEstableAsequible

🗓O dia 3 as 7.30 na Parroquia #AsembleaAberta

De PAH a Movimento pola Vivenda

Superada a crise e a picada da burbulla inmobiliaria, o acceso á vivenda no noso PAIS volve ser un obxectivo especialmente complicado de culminar. O aumento continuado nos prezos de compra, así como as dificultades asociadas ao aluguer e a especulación están a xerar barreiras que moitas persoas non poden afrontar,os pagos da Vivenda

Atopámonos en que aínda que os desafiuzamentos de Aluguer son mais numerosos ,non debemos esquecer que a existencia dun amplo colectivo de Hipotecados que mal viven para pagar cada cota .Ademais existe un importante sector de antigos propietarios que viven no chamado “aluguer social” que están pendentes de que se lles renove o mesmo polo BANCO ou por un Fondo Voitre ao que se lle vendeu a Hipoteca .O patrimonio que tiñan miles de familias que foron desafiuzadas na crise pola falta de pagamento do aluguer ou a hipoteca, pasou de forma torticera a mans de “Fondos voitres”

Por iso necesitamos que Inquilinos ,propietarios en precario ,os que viven no que se chama “asentamentos informais”, eses “barrios marxinais” ou concentracións urbanas periféricas nas que destaca a presenza de colectivos especialmente vulnerables, os refuxiados e inmigrantes e o colectivo dós SenTeito ,e o sector cada vez má s importante das “vivendas informais”,os que «ocupan en precario» únanse na loita polo Dereito efectivo á Vivenda .

Debemos transformar e unir vontades para lograr o dereito efectivo á Vivenda

Numerosos movementos sociais e organizacións da sociedade civil en todas partes alzamos unha mensaxe común para pensar a cidade e esa pasa por unha Vivenda Digna ,A Vivenda por Dereito

Dia 14 as 19:30 NOS LOCAIS DA PARROQUIA

PALESTRA 14M en Vigo con “SINDICAT DE LLOGATERS”

Palestra en “Defensa dunha Alugueiro Xusto” #AluguerEstableEAsequible os prezos do aluguer se disparan.A burbulla inmobiliaria e a precariedade fixeron do aluguer (digno) algo inalcanzable ou vivir baixo a ameaza constante dos desafiuzamentos.

Dia 14.M as 19:30 nos locais da Parroquia en Coia (Vigo )

E necesario implementar algunhas demandas relativas á regulación dos alugueres, e contra os desafiuzamentos de Hipoteca ou de Aluguer

  • É urxente que aumente a duración dos contratos de aluguer.
  • Esiximos a regulación do prezo dos alugueres para equiparalos aos ingresos reais de quen vivo de aluguer.
  • É necesaria a eliminación de de as SOCIMIS, vehículos que permiten aos fondos voitre especular sen pagar impostos, e inchar así a burbulla do aluguer
  • Reivindicamos a mobilización do parque de vivendas baleiro da banca, fondos voitres e as socimis, así como os da Sareb con diñeiro público.
  • Basta de abusos: os honorarios de administradores e axencias inmobiliarias deben ser pagados polos propietarios que contratan os servizos, e non os inquilinos

Vivenda Baleira

Intervencion do SINDICATO DE INQUILINOS

Trátase explicar o paradoxo: como o país que ten a proporción máis alta no mundo de “vivendas BALEIRAS ”, e ao mesmo tempo ten sen resolver o problema do aloxamento para unha gran parte da súa poboación nova e hai moitos fogares que sofren o acoso do desafiuzamento

Nos últimos 25 anos en España construíuse máis que nunca, pero non respondeu ás necesidades e ás demandas de aloxamento da poboación . A crise puxo en cuestión este modelo. O aumento da precariedade e do risco de pobreza dos fogares, fixeron esborrallarse á demanda, moitos fogares foron desafiuzados, e os mozos e os traballadores precarios non poden acceder ao mercado por falta de solvencia e moitas familias son desafiuzadas por non poder pagar o Aluguer .