Etiqueta: Vanesa sen casa

Vanesa e seus fillos menores ,en nove dias quedan NA RÚA 


A sensacion de vivir sen decatarnos é tremenda cando un le o monton de acordos ,leis ,propostas ,axudas ,re-axudas que a Xunta di que ten  e os Desafiuzamentos por Aluguer non pairan de chegar

Estes dias ,como ven sendo xa habitual varias persoas achegáronse á PAHVigo ( e cónstanos que tambien a outras organizacións ) en busca de axuda urxente 
Este é o caso de VANESA ,

Vanesa e seus dous fillos  de 9 e 6 anos terán que irse do piso subvencionado pola Xunta xa que terminado o prazo do «bono», non pode seguir pagando o aluguer 

Ten dous nenos ,dous menores de 6 e 9 anos e carece de ingresos.É unha mais dos 174 000 fogares galegos que se atopan en exclusion social .O 9% dos fogares galegos vive sen ingresos, sen retribución regular, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA) de Galicia, que revela que na comunidade galega existen 38.300 familias nesta situación. A cifra ademais creceu de forma considerable, con 5.200 fogares máis (un 17%), con respecto ao ano anterior 

Venesa ao deixar de recibir a axuda da Xunta ,vai acumulando débeda porque cos ingresos de 370 €  aproximadamente non pode facer fronte ao pago do Aluguer e alimentar aos seus fillos ,..e o tempo  vivir cun mínimo de dignidade 

É dicir a propia Xunta é culpable da Débeda xerada ,ao finalizar a subvención OPartido Popilar non entende que o dereito á Vivenda Digna non ten prazo E ,se o hai será cando a situacion que levou a Vanesa e as miles de familias a emerxencia habitacional desaparezan o tempo que a situacion de Crise que eles crearon 

Un volve ler «as súas liñas de axuda ou os seus plans :Bonos,Plan Aluga «..Acordos coa FEGAMP,ou a SAREB ou ABANCA e  asi ata 13 millóns de Euros de investimento e as cousas non cadran 

Como é posible que existindo tantos pisos en desudo ou baleiros non se logre un plan real é dar saída social a tanta vivenda valeira ou deshabitada.

Como é posible que exista entón 38.300 familias sen ingresos e o ano pasado practicáronse en Galicia 2.432 lanzamentos, é dicir, que practicamente sete familias cada día perdesen as súas vivendas datos que NON inventamos nós ,son datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 

Volvamos a Vanesa 

Que facer ? Como axudala ?  A PAH convoca para o Venres  14 no MARCO unha Rolda de prensa e concentracion para visibilizar estes casos as 12 da maña NON FALTES 
Por outra banda estamos a facer xestións para evitar o desaloxo inminente,e entre elas solicitar ser recibidos polo Sr Caballero Alcalde da nosa cidade ..

Estamos ante unha violacion dos DDHH 

Facemos un chamamento urxente. Sós non podemos. Vanesa necesita de ti Vanesa solicita a axuda da xente solidaria e farta xa de tanto sufrimento 

Necesitamos a unidade na  loita dos MMSS xa de por se debilitados 

VANESA NECESÍTACHE ,NON LLE FALLES  O VENRES  ,NO MARCO 


Pd a hora x decidir