Etiqueta: Vigo

A Precariedade e o Desenfreo do Caseiro e Inmobiliarias

Hoxe os alugueres alcanzan tales prezos que fan difícil que mesmo as persoas con salarios dignos póidanos pagar e por outra banda conséntese que contratos “privados” esten cheos de clausulas abusivas como o pedir un “ sobreaval” como é o aval propietario para asinar un contrato de aluguer .

Se xa é difícil adquirir un Alquler digno e estable para quen goza de emprego estable ,imaxinarvos para cada vez mais numerosa poblacion que traballa en precario ou vive por exemplo dunha RISGA

A Precariedade e o Desenfreo do Caseiro e Inmobiliarias

Isto dá lugar a abusos ,a ter que recorrer a mercados de aluguer non regulado ,que son infravivendas ,cheas de humidades e situacións insalubres cando non perigosas para habitar neses pisos Os alugueres alcanzan tales prezos que fan difícil que mesmo as persoas con salarios dignos póidanos pagar

As inmobiliarias saben que non existe un parque de vivendas á marxe dos vaivéns do mercado libre que controlan. O parque de vivenda pública de aluguer non supera o 1%, así pois os 2’5 millóns de fogares que viven en vivendas alugadas sofren a ditadura da Lei de Arrendamentos Urbanos- LAU.

So o 46 % dos caseiros declaran a facenda Hai outros 1,25 millóns de propietarios (54%) que non declaran os arrendamentos cobrados. Son unha enorme bolsa de fraude calculada contorna a 3000 millóns anuais polos inspectores de FacendaPor tanto, o peto de caseiros é un pozo sen fondo visto que as políticas de fomento do aluguer foron un fracaso histórico que só enriqueceu aos rentistas pero non lograron mobilizar as vivendas infrautilizadas ou baleiras para vivenda social

O desmedido aumento do aluguer eleva a falta de pagamentos

O incremento dos desafiuzamentos por incumprir os pagos forza aos propietarios para blindarse ante a morosidade con seguros ou estudos de solvencia do inquilinoLa enorme brecha creada entre rendas e salarios acrecenta o número de inquilinos que deixan de pagar o aluguer.

Case seis de cada dez desafiuzamentos executados foron por este asunto, un 4,3% máis que un ano antes.

Estamos a vivir unha burbulla inmobiliaria. Os prezos dos alugueres dispáranse, pero a economía das familias e do país segue sen recuperarse. O máis rechamante non é que esteamos ante un novo ciclo de especulación inmobiliaria, senón que fose as Administracións publicas quen crease a burbulla a través de mecanismos lexislativos.En 2018 apenas se fixeron 3.500 casas de prezo limitado en España, o que condena a este mercado a desaparecer O tempo que Blackstone aumenta as súas posicións como o maior caseiro de España.

Basta NinDictaduraDoBanqueroNinDoCaseros

XORNADA :O DEREITO A VIVENDA NA ENCRUCILLADA

Aínda que a pérdida de vivenda derivada de execucións hipotecarias conseguiu unha gran visibilidade polos alarmantes datos de anos anteriores (sobre todo 2012), cada vez é mais frecuente que servizos sociais, entidades sociais e plataformas de afectados enfróntense a casos de pérdida de vivenda derivada do aluguer. Mesmo se atoparon casos de persoas “ pluridesahuciadas” que, tras pasar por un proceso de execución hipotecaria, enfróntanse de novo a situacións de desafiuzamento por falta de pagamento do aluguer na súa nova vivenda .O desafiuzamento do desafiuzado

O Acceso á Vivenda

Segú n o CGPJ o número de execucións hipotecarias e número de lanzamentos más da metade deses lanzamentos estaban relacionados con contratos de arrendamento. Pero hoxe o que está en xogo ademais de que os desafiuzamentos seguen a ser un gravísimo problema é a dificultade para acceder á Vivenda o que a noso xuizo está no centro do problema : Vivimos no paradoxo de que e o dereito á vivenda vólvese inconstitucional .A gran recesión deixou tras de sé non soamente un corolario de víctimas, a mayoría das cales no período poscrisis continúan en situación similar ou peor, senón tamen a explosión de novas adxectivacións en relación á pobreza. Unha paisaxe devastado onde se suman primeiro as “novas pobrezas” como relacionados con necesidades pouco cubertas, como a energía, a alimentació n, ou a diferenças por cuestion de xero o gé nero, ou as quue inciden no acceso a ben sobre pilareiras do noso sistema de protección social, educación, sanidade. De ahí emanan conceptos como pobreza alimentaria, pobreza enerxetica , pobreza infantil, feminización da pobreza etc e segundo o crecente aumento do un sector social que tendo traballo esta a o bordo ou en exclusión social A taxa de pobreza de cidadáns españois con emprego non deixa de crecer.

A PAH TEN NOME DE MULLER

A PAH é sen dúbida a loita das mulleres ,son elas que por exemplo no ámbito familiar dan o primeiro paso e as primeiras que seguen o proceso de empoderarse .Chamamos empoderamento a :

A toma de conciencia e o aumento da confianza en si mesmas (“poder propio”). A organización autónoma para decidir sobre as nosas vidas e a mobilización colectiva o «o poder para “

As XORNADA “Ou dereito a Vivenda na Encrullida” o 1 de Decembro organizada pola Universidade de Vigo :Facultades de Ciencias Xuridicas e do traballo ofrece un interesantísimo programa e con relatores de enorme calidade Hónranos que sexamos convidadas para debater sobre o dereito a vivenda Alli estaremos

Esperámosvos.

Carlota P Conde Voceira da PAHVigoTui_BM

Caballero ¿Cómo garantizar el derecho a la vivienda desde los municipios


La Ley 7/1985, Reguladora de las
Bases del Régimen Local (LBRL), en los art.  25 y 28, estipula las competencias en el ámbito local, y establece que:

  • Las administraciones locales son responsables del planeamiento, la gestión, la  ejecución, la disciplina urbanística, la planificación urbana y de la gestión del suelo  
  • Las corporaciones locales se encargan de la gestión y la administración de su patrimonio público de viviendas y de suelo.
  • Podrán ejercer competencias en todo aquello que contribuya a satisfacer las necesidades y aspiraciones de la comunidad vecinal
  • Además, los ayuntamientos están facultados para complementar las actividades
    que lleve a cabo el resto de administraciones públicas en materia de vivienda. 

Sr Caballero le emplazamos a firmar estos principios de protecion de los DDHH en materia de vivienda


Fdo PAHVigoTui

«A campaña #SubimosAsApostas resulta un éxito: máis negociacións cos bancos e cesión de locais en Salceda e Vigo».

20130617-175143.jpg

Desconvócase a mobilización contra o goberno municipal de Vigo ante a posible cesión ás nosas demandas, que esperamos ver confirmada hoxe. Valoramos  como moi positiva a campaña, pero non baixamos a garda. 

Hai uns días anunciábamos a campaña #SubimosAsApostas, coa que subíamos a intensidade das nosas protestas, tal e como se acordou na nosa Asemblea. A campaña arremetía contra os bancos (que non poñían toda a vontade negociadora que lles esixíamos) e tamén contra as institucións.

Neste sentido afeamos ao Concello de Vigo a promesa incumprida de cedernos un local municipal. Vigo, o municipio máis poboado e onde residen máis afectadas, debía mollarse. O Concello tamén nos ocultaba as vivendas de titularidade municipal que están baleiras na cidade e que poderían ser ocupadas polas familias afectadas e persoas sen teito.
Así, convocamos unha protesta na Praza do Rei o vindeiro luns 1 de xullo, coincidindo co pleno municipal, pois queríamos deixar ben patente o noso enfado ante os incumprimentos do goberno da cidade. Pola contra, o Concello de Salceda de Caselas, todo un exemplo de colaboración coa PAH dende os nosos inicios (os concelleiros doan a súa paga extra a un fondo solidario que vai destinado ás nosas afectadas) cedeunos un local na mesma casa consistorial en apenas unhas semanas, que estreamos onte. Foi un éxito, e o Alcalde e os concelleiros, convidados pola PAH, acudiron á presentación cos activistas e afectados.
Algúns intres antes da presentación pública deste local, a PAH recibía a chamada do Concello de Vigo, que se comprometeu a ceder o local prometido nas próximas horas e a darnos a información sobre as vivendas baleiras que reclamábamos. Ante este xiro radical, e sendo conscientes de que suporía acadar os obxectivos propostas na campaña, a PAH decide desconvocar temporalmente a protesta convocada para o vindeiro luns no Concello de Vigo e esperar a ver se o goberno municipal cumpre a súa promesa. Isto non supoñe un cheque en blanco nin unha rendición: permaneceremos atentos á reacción do Goberno de Vigo, e volveremos convocar a protesta se non cumpre co acordado nas próximas horas.

PD: Podes ver a presentación do local de Salceda  e a noticia sobre o cambio de atitude do Concello de Vigo.

#SubimosAsApostas: mobilízate con nós ou consinte os abusos na casa.

A PAH continúa coa campaña de mobilización #SubimosAsApostas, que supón endurecer as protestas do colectivo contra bancos e institucións.1013932_510458195674729_1993639467_n

Este martes volvimos protestar no cruce de Colón contra a usura bancaria e pouca vontade negociadora que están amosando algúns bancos da zona. Na protesta activistas, afectados e cidadáns afíns berraron contra a impunidade bancaria. Podes ver o álbum da acción no álbum colgado na NOSA PÁXINA DE FACEBOOK.
Tamén estivemos hoxe mércores fronte aos Xulgados de Vigo, onde acompañaremos ao colectivo para protestar contra as políticas miserables do Goberno central, e o xoves ás 11 iremos ao Concello de Vigo co ODS Coia a reclamar «vivir dignamente».

O xoves 27 ás 12hs imos presentar no Concello de Salceda de Caselas o local que o goberno municipal cedeu altruistamente á PAH para poder facer o noso traballo. Queremos volver deixar claro que a PAH non recibe subvención pública algunha nin cobra nada aos afectados. As nosas acción son autofinanciadas, moitas veces a cargo dos activistas e do material que vendemos, polo que axudas como a do Concello de Salceda son necesarias. Chama a atención que o Concello de Vigo, o máis poboado do noso ámbito de actuación e onde residen a maioría dos afectados, prometeu un local hai meses, que aínda non o cedeu, polo que o de Salceda de Caselas convírtese no único que temos en toda a nosa área, que é ben grande (Vigo, Redondela, Mos, Tui, Tomiño, Salceda, A Guarda…)
A colaboración co goberno muncipal de Vigo , fructífera no pasado, é inexistente na actualidade, pois pensan que somos unha axencia pública á que derivar os casos e non fai o que se compromete. Ocúltannos ademais o número de vivendas de propiedade municipal que levan anos baleiras e que poderían ser ocupadas polos nosos afectados ou por persoas sen teito. A Bolsa que ten promocionado o Concello de Vigo ten criterios moi duros e restritivos, comparables á chapuza coa que o PP de Rajoy substituiu a nosa ILP.
Por esta razón tamén convocamos unha protesta o luns 1 de xullo na Praza do Rei, día no que hai pleno municipal, pois queremos visualizar o noso malestar e denunciar os incumprimentos do Alcalde de Vigo coa PAH. Unha vez máis, a participación civil é decisiva para o éxito da mobilización, polo que animamos a cidadáns e colectivos amigos a unirse a nós.

Así que lembra estas accións (están todas no noso calendario):

XOVES 27 XUÑO 11hs-> Sumámonos á campaña da ODS Coia obre vivir dignamente.
XOVES 27 XUÑO ás 12hs-> Presentación do local da PAH en Salceda de Caselas.
LUNS 1 XULLO ás 9.15hs-> Protesta ante o Concello de Vigo.