Etiqueta: Vivendas Baleiras

De PAH a Movimento pola Vivenda

Superada a crise e a picada da burbulla inmobiliaria, o acceso á vivenda no noso PAIS volve ser un obxectivo especialmente complicado de culminar. O aumento continuado nos prezos de compra, así como as dificultades asociadas ao aluguer e a especulación están a xerar barreiras que moitas persoas non poden afrontar,os pagos da Vivenda

Atopámonos en que aínda que os desafiuzamentos de Aluguer son mais numerosos ,non debemos esquecer que a existencia dun amplo colectivo de Hipotecados que mal viven para pagar cada cota .Ademais existe un importante sector de antigos propietarios que viven no chamado “aluguer social” que están pendentes de que se lles renove o mesmo polo BANCO ou por un Fondo Voitre ao que se lle vendeu a Hipoteca .O patrimonio que tiñan miles de familias que foron desafiuzadas na crise pola falta de pagamento do aluguer ou a hipoteca, pasou de forma torticera a mans de “Fondos voitres”

Por iso necesitamos que Inquilinos ,propietarios en precario ,os que viven no que se chama “asentamentos informais”, eses “barrios marxinais” ou concentracións urbanas periféricas nas que destaca a presenza de colectivos especialmente vulnerables, os refuxiados e inmigrantes e o colectivo dós SenTeito ,e o sector cada vez má s importante das “vivendas informais”,os que «ocupan en precario» únanse na loita polo Dereito efectivo á Vivenda .

Debemos transformar e unir vontades para lograr o dereito efectivo á Vivenda

Numerosos movementos sociais e organizacións da sociedade civil en todas partes alzamos unha mensaxe común para pensar a cidade e esa pasa por unha Vivenda Digna ,A Vivenda por Dereito

Dia 14 as 19:30 NOS LOCAIS DA PARROQUIA