A XUNTA DE GALICIA debe decretar o estado de emerxencia habitacional, e actuar en consecuencia cunha batería de propostas.
Como primeiras medidas de urxencia, esiximos:
1. Suspensión inmediata dos desafiuzamentos nos casos de vivenda única e habitual, cando o non pagamento sexa debido a razóns económicas.
2. Sanción administrativa dos pisos baleiros en mans de entidades financeiras e empresas inmobiliarias.
3. Expropiación do uso dos pisos baleiros en propiedade de entidades financeiras nacionalizadas con diñeiro público e da SAREB ou «banco malo». Estos pisos de deben poñer a disposición, de xeito prioritario, para as persoas con menos recursos.
4. Reconversión de todos os pisos de titularidade pública ao réxime de aluguer social ou pisos de emerxencia para persoas sen recursos. Nin un piso público baleiro nin en réxime de compravenda.
5. Eliminar as plusvalías municipais e o IRPF sobre as dacións e as condonacións. Que a Xunta de galicia actúe para evitar unha fiscalidade abusiva que, a día de hoxe, penaliza as dacións en pagamento e que fai que o estado e os concellos se lucren a custa das persoas afectadas que o perderon todo.
