Movilización en Vigo

Dende a PAH VIGO MOS TUI-BAIXO MIÑO queremos por de manifesto as seguintes cuestións:

1.- Que non se pode seguir consentindo, dende os estamentos gubernamentais, que as familias sufran o abuso dunha Lei Hipotecaria do século pasado, mentras se segue a rescatar ós bancos.

2.-Que os bancos e as administracións son os culpabeis, uns por avaricia e os outros por permitilo. Sospeitamos que esta connivencia dase como contrapartida da financiación que reciben os partidos políticos, así como a condonación das súas débedas. De que outro xeito se podería explicar senon que o PP pretenda modificar a Lei para que sexa lexítimo condonar ós partidos políticos ata 100.000 euros, mentres as familias sufren cláusulas abusivas como a do solo e comisións desmesuradas por parte dos bancos, dos notarios ou dos xestores que son os encargados de realizar este tipo de operación, ademáis da escasa transparencia á hora de firmar as hipotecas.

3.- Que estamos fartos da acusación torticeira e manipuladora da realidade, que afirma que: “esta situación é responsabilidade dos cidadáns, que viviron por riba das súas posibilidades”. Esta acusación ten un claro obxectivo, facer que nos sintamos responsabeis e culpabeis da nosa situación, cando en realidade o que acontece é que ESTAMOS SENDO ESTAFADOS POR RIBA DAS NOSAS POSIBILIDADES.

TÓDALAS PAH DO PAIS, xunto con algún sindicato e asociación de vecinos, ESIXIMOS como medidas urxentes tres

principios moi básicos ata que entre en vigor unha nova Lei Hipotecaria mais xusta, PRINCIPIOS QUE SO PRETENDEN PARAR O XENOCIDIO FINANCEIRO E OS DESAFIUZAMENTOS:

1.- Paralización inmediata dos desafiuzamentos.

2.- Dación en pago, tamén con caráter retroactivo.

3.- Alugueiro social (30% dos ingresos familiares aprox.).

Un comentario sobre “Movilización en Vigo

Replica a PAH Cancelar la respuesta